Galicia
As persoas interesadas en realizar as probas de coñecemento de lingua galega poderán inscribirse ata o día 29 de abril
O próximo sábado, 29 de abril, remata o prazo de inscrición para as probas de certificación de lingua galega que terán lugar no mes de xuño e que se realizarán en Galicia, no resto do Estado español e en Europa.
Fonte: Xunta de Galicia
As dioceses reafirman a súa vontade de impulsar programas de actuación para promover o galego no ámbito relixioso
Favorecer a presenza da lingua galega nas actividades relixiosas que organizan para os seus fregueses. Ese é o obxectivo dos programas de actuación que as dioceses de Mondoñedo-Ferrol e de Tui-Vigo desenvolverán durante este ano no marco de cadanseu convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística celebra os seus 25 anos
A Mesa pola Normalización Lingüística cumpre 25 anos de "traballo constante" en defensa do galego e de labor de "reivindicación" para "a conquista do exercicio dos nosos dereitos lingüísticos", asegurou o seu presidente, Carlos Callón.
Fonte: ABC
Bocaberta propón novas actividades para encher o tempo de lecer dos máis novos con poesía, música e maxia en galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou en Forcarei unha das iniciativas coas que o programa Bocaberta está a promover o uso do galego entre os máis novos por toda Galicia. Trátase da actividade Señor Mundo, dígame?.
Fonte: Xunta de Galicia
Alumnado de primaria e secundaria do Bierzo completa os seus estudos de galego cun programa de estadía en Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o subdirector xeral de Política Lingüística, Xoán Rivas, recibiron os 116 alumnos e alumnas de centros de ensino da comarca do Bierzo que están estes días en Galicia para completar os seus estudos de galego.
Fonte: Xunta de Galicia
O Correlingua 2011 quere chegar a 45.000 participantes
A edición 2011 do Correlingua contará con 45.000 participantes, 5.000 máis do que no pasado ano, segundo as previsións da organización.
Fonte: Culturagalega.org
A Mesa pola Normalización Lingüística gaña o II Premio Rosalía de Castro de Lingua
A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu esta distinción "pola súa traxectoria de 25 anos en defensa da normalización da lingua galega".
Fonte: La Opinión
Os XIII Encontros para a Normalización Lingüística reflexionan sobre o papel dos concellos na promoción do uso do galego
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou en Santiago de Compostela na inauguración dos XIII Encontros para a Normalización Lingüística, que nesta edición teñen como un dos seus principais centros de interese o papel dos concellos na promoción do uso do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Xa está en marcha o servizo de videointerpretación para persoas xordas no Rexistro Xeral e mais na web da Xunta

A Secretaría Xeral de Modernización vén de informar da posta en funcionamento dunha tecnoloxía encamiñada a favorecer a Administración electrónica entre o colectivo galego de persoas con diversidades funcionais auditivas. Trátase dun sistema de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas, posto en marcha no Rexistro Xeral da Xunta e a través do portal corporativo.
Fonte: Código Cero
A Universidade de Santiago de Compostela presenta unha web sobre a frecuencia e distribución dos apelidos en Galicia
Saber o número de persoas que levan un apelido nun determinado municipio galego ou coñecer como se distribúe un patronímico en Galicia xa é posible grazas á ferramenta en liña denominada "Cartografía dos apelidos de Galicia", creada polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (ILG).
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín