Galicia

A parroquia viguesa de Saiáns recupera o seu patrimonio toponímico

A parroquia viguesa de Saiáns recupera o seu patrimonio toponímico nun libro do profesor Gonzalo Navaza editado polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) en colaboración coa Área de Normalización Lingüística e a Comunidade de Montes de Saiáns.

Fonte: Galicia Hoxe

O Instituto de Ensino Secundario A Paralaia de Moaña reparte mandís entre os bares que apoian o galego

Os alumnos de cuarto de ESO do IES A Paralaia presentaron o resultado do seu traballo na campaña "Receitas para a Lingua". No marco deste proxecto traduciron as receitas de ata trece establecementos colaboradores. Para agradecérllelo, repartirán mandís e bolsas de tea co logo da campaña entre todos estes negocios.

Fonte: Faro de Vigo

A lingua galega acompaña os máis novos na súa viaxe de iniciación polo deporte do xadrez

Aprender a xogar ao xadrez de forma doada, pedagóxica e en lingua galega. Ese é o principal obxectivo de Xadrez para Todos, unha colección de manuais para o ensino do xadrez nos ámbitos educativo, deportivo e lúdico.

Fonte: Xunta de Galicia

A Irmandade Xurídica Galega convoca a súa IV asemblea, un encontro a prol do galego que homenaxeará a Fermín Bouza Brey

A Deputación de Pontevedra acolle o vindeiro 2 de xullo a IV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega. No encontro incorporaranse 25 novos membros a este colectivo que defende a normalización da lingua galega na xustiza.

Fonte: Culturagalega.org

A Consellería de Educación disporá de máis de 300 auxiliares de conversa no Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras

O Plan de potenciación das linguas estranxeiras, co que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a potenciar que todas as galegas e galegos adquiran competencias noutros idiomas, contará o vindeiro curso 2011/2012 co apoio de máis de 300 auxiliares de conversa.

Fonte: Xunta de Galicia

Comezan as probas de certificación do coñecemento da lingua galega con máis de 4000 matriculados

As probas para obter a certificación do coñecemento de lingua galega (Celga) comezaron cun total de 4132 persoas matriculadas en Galicia, no resto de España e en Europa.

Fonte: Xunta de Galicia

Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística repasan en vídeo os seus 20 anos

O pasado 5 de xuño a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística celebraba en Compostela os vinte anos de existencia destas entidades. Agora, na súa canle de Youtube, esta plataforma publicou tres vídeos nos que fai un repaso polas actuacións que se desenvolveron neste tempo.

Fonte: Culturagalega.org

O .gal, o dominio para a lingua e a cultura galegas, prevé presentar a súa candidatura a comezos de 2012

A ICANN, o ente que organiza os enderezos de internet, aprobou o lanzamento do proceso de candidaturas para novos dominios. Isto significa que probablemente o Puntogal (.gal), o dominio para a lingua e a cultura galegas, poderá presentarse a exame no primeiro cuadrimestre de 2012.

Fonte: Asociación PuntoGal

Un proxecto que une recursos lingüísticos e novas tecnoloxías gaña o premio para emprendedores da Universidade de Santiago

Os recursos e ferramentas lingüísticas concretas que, complementadas con aplicacións informáticas, dean lugar a motores de busca en corpus lingüísticos é a idea de negocio da spin off Cilenis, gañadora do primeiro premio do XI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Os centros plurilingües de Santiago de Compostela notan melloras no nivel de idiomas

Para os catro centros plurilingües recoñecidos este curso en Santiago de Compostela por Educación a experiencia resultou «fabulosa», «moi positiva», e «os pais están encantados».

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder