Galicia

Os premios Lois Peña Novo recoñecen un ano máis o compromiso social coa lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no acto de entrega dos premios Lois Peña Novo, uns galardóns que, segundo asegurou, “van camiño de cumpriren dúas décadas de recoñecementos ininterrompidos a quen, dun xeito ou doutro, se singularizou polo seu compromiso coa lingua galega nos eidos das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral”.

Fonte: Xunta de Galicia

Conmemórase o 150 aniversario dos Xogos Florais da Coruña, inicio do Rexurdimento literario da lingua galega

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quere sumarse á conmemoración do 150 aniversario dos Xogos Florais da Coruña, que marcaron o inicio do noso Rexurdimento literario e, con el, da restauración do galego como idioma de cultura.

Fonte: Xunta de Galicia

Un total de 3200 persoas realizou as probas Celga este ano para acreditar o coñecemento en lingua galega

Un total de 3202 persoas realizou as probas que vén de organizar a Secretaría Xeral de Política Lingüística para obter a Certificación de coñecemento en lingua galega (Celga).

Fonte: Xunta de Galicia

A iniciativa Sermos Galiza anuncia un novo semanario en galego para este mesmo ano

Un semanario de información xeral e mais un diario dixital en galego. Estas son as propostas que a iniciativa Sermos Galiza quere desenvolver antes de que remate este ano.

Fonte: Culturagalega.org

Preséntase en Santiago de Compostela campUSCulturae, un proxecto a prol da diversidade cultural e das minorías lingüísticas

Concibido como un proxecto a prol da diversidade cultural e das minorías lingüísticas, a Universidade de Santiago coordinará ao longo dos próximos cinco anos o proxecto europeo campUSCulturae co cofinanciamento da Comisión Europea a través do programa Cultura.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Goberno galego reúnese co Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, viaxan a Madrid para manter o seu primeiro encontro institucional co Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM).

Fonte: Xunta de Galicia

Estudantes de máis de 20 países aprenderán galego este verán na Universidade de Santiago

Un total de 90 estudantes procedentes de 26 países aprenderán lingua e cultura galegas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) durante este mes de xullo.

Fonte: Xunta de Galicia

A edición en galego medrou un 28 por cento en 2010

O número de libros editados en galego incrementouse durante 2010 nun 28,8 %. A Federación de Gremios de Editores de España facía público un adianto do seu Estudio de comercio interior del libro en España. Este ascenso é o maior de todas as linguas de edición do Estado, moi por riba do 5,6 % en que medrou a produción en castelán, o 3,5 % do éuscaro ou o 0,7 % en catalán.

Fonte: Culturagalega.org

A Xunta de Galicia cumpre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, informaron de que Galicia está a cumprir a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM).

Fonte: Xunta de Galicia

Asociacións galegas denuncian "pasos atrás gravísimos" no cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais

Unha delegación conformada por membros da asociación A Mesa pola Normalización Lingüística e a plataforma Queremos Galego denunciou ante os membros do Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias os "pasos atrás gravísimos" emprendidos desde a chegada de Alberto Núñez Feijóo ao Goberno galego en 2009.

Fonte: Europa Press

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder