Galicia
O proxecto Camiño das culturas e das linguas organizará un congreso sobre a diversidade lingüística en Europa
A cidade de Santiago de Compostelá acollerá o próximo mes de outubro o congreso As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela: Presente e Futuro.
Fonte: Xunta de Galicia
Emigración e Política Lingüística promoven a proxección internacional do galego a través de cursos no exterior
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Emigración convocan cursos de lingua e cultura galegas no estranxeiro para persoas interesadas no idioma propio e na cultura de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A iniciativa Lonxa das Letras abre os quioscos á literatura en galego
O proxecto Lonxa das Letras, segundo os seus creadores, "está destinado a facilitar o acceso á literatura galega dentro e fóra de Galicia".
Fonte: El Correo Gallego
Os concellos de maior poboación constitúen un punto estratéxico para a promoción da lingua galega desde o ámbito local
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, reuniuse co alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, co fin de valorar iniciativas para a dinamización social do idioma entre o Goberno local e o autonómico.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Ames implícase na extensión social do galego desde a Rede de Dinamización Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o alcalde do concello de Ames, Santiago Amor, mantiveron o seu primeiro encontro institucional, no que puideron compartir os intereses dos gobernos autonómico e local a prol da extensión social do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
A Confederación de Empresarios de Galicia conta co apoio da Xunta para promover o galego no ámbito económico

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Fausto Santamarina, reuníronse para valorar o desenvolvemento das actuacións que as dúas entidades promoven conxuntamente para ampliar e mellorar o uso do galego no tecido socioeconómico.
Fonte: Xunta de Galicia
Só o 9 % das ofertas de traballo en Galicia valora saber galego
Só un 8,84 % das ofertas de emprego en Galicia valora o coñecemento dunha lingua autonómica para acceder ao posto -o galego no 97,31 % dos casos-, segundo unha análise realizada por Adecco e Infoempleo.
Fonte: El Correo Gallego
O galego chega ás redes sociais a través dun concurso de microrrelatos
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director de comunicación e márketing de Asociación Hostelería Compostela, Aser Álvarez, presentaron as bases dun orixinal concurso de microrrelatos a través das redes sociais, concretamente de Facebook, que xorde co gallo do oitavo centenario da catedral de Santiago.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo preséntalle ao alcalde do Carballiño a Rede de Dinamización Lingüística
O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, trasladoulle ao responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, a vontade do seu concello de colaborar coa Xunta no fomento social do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
O Bloque Nacionalista Galego de Bergantiños premia os empresarios que defenden o galego
O BNG de Bergantiños entregou os seus premios anuais Patria e Lingua, cos que recoñece o emprego e a defensa da lingua galega por parte dos empresarios da comarca.
Fonte: La Opinión
Boletín
Subscríbase ao boletín