Galicia

As primeiras conclusións do Curso de Dinamización Lingüística apostan por reformular o discurso sobre a lingua galega

Moita xente ignora os seus dereitos lingüísticos e non hai consciencia de que son as administracións as responsables de os facer cumprir. Estes son algúns dos apuntamentos que se extraen do documento co que se pretenden elaborar as conclusións do recente Curso de Dinamización Lingüística (Re)pensando o discurso que se celebrou en Carballo o pasado mes de xullo.

Fonte: Culturagalega.org

Segundo o último ensaio da profesora Teresa Moure, o galego está entre o 2,4 % das linguas máis faladas no mundo

O galego atópase entre o 2,4 % das linguas máis faladas do mundo. Supera o millón de falantes, como só 389 do total estimado de 6633 que se poden atopar no planeta. Fronte á moi asumida idea da homoxeneidade que os estados europeos propagaron, a diversidade lingüística é a realidade.

Fonte: El Mundo

Cerra a edición impresa de Xornal de Galicia, un medio cunha presenza importante do galego como lingua vehicular

O idioma galego ocupaba un importante espazo nas páxinas de Xornal de Galicia, que combinaba galego e castelán nas súas informacións. O peche deste periódico vén así sumarse á desaparición de Galicia Hoxe e doutros medios de comunicación co galego como lingua vehicular.

Fonte: Radio Obradoiro

A Xustiza obriga a Deputación de Pontevedra a facer o Boletín Oficial da Provincia en galego

O Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra condena a Deputación provincial “ao exacto cumprimento da ordenanza referida coa íntegra publicación en galego do Boletín Oficial da Provincia (BOP), tanto no referido ao formato (...) como aos textos propios da administración provincial”.

Fonte: Xornal de Galicia

Un centenar de centros galegos terán o vindeiro curso aulas plurilingües

Máis de 2500 escolares iniciaron o pasado curso a rede de centros plurilingües en Galicia, distribuídos en 58 colexios e institutos. A Consellería de Educación asegurou que alcanzaría o centenar de cara ao 2011-2012, e parece que vai cumprilo.

Fonte: La Voz de Galicia

Máis de 40.000 apelidos galegos poden desaparecer

Os 200 apelidos máis frecuentes en Galicia supoñen o 60 % do total, mentres que o 40 % restante se reparte en máis de 40.000 formas que poden desaparecer.

Fonte: La Voz de Galicia

A Xunta de Galicia convoca os primeiros cursos en liña de lingua galega dirixidos aos profesionais do ámbito da xustiza

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen de convocar, a través do Diarios Oficial de Galicia (DOG), os primeiros cursos en liña de linguaxe xurídica galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística colabora cos colectivos profesionais para favorecer a extensión social da lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrécelles colaboración e apoio permanente a diversos colectivos profesionais de diferentes ámbitos da sociedade para o fomento social do galego.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa está dispoñible en galego a versión 3.4.2 de LibreOffice, recomendada para empresas

Esta nova versión 3.4.2 está dispoñible en galego e está moi recomendada para as empresas e para as administracións públicas.

Fonte: Código Cero

Publícanse as primeiras listaxes provisionais cos resultados das probas de Certificación de lingua galega 2011

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou na súa páxina web (www.xunta.es/linguagalega) a resolución cos resultados provisionais das probas de Certificación de lingua galega (Celga).

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder