Galicia

A extensión do uso do galego no ámbito xurídico centra a quinta edición da xornada Xustiza e Lingua

A extensión do uso do galego no ámbito xurídico centra a quinta edición da xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”, unha iniciativa que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e que se desenvolveu no Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

Un instituto do Porriño pon en marcha un portal que promove a aprendizaxe da lingua romaní

Sendo un dos municipios galegos con maior número de xitanos, non é de estrañar que O Porriño sexa o encargado de ensinarlle romaní ao resto do mundo. E é que o instituto de Torneiros, lugar de residencia da maioría do colectivo, é o promotor dun portal que promove a aprendizaxe desta antiga lingua.

Fonte: La Voz de Galicia

Xesús Vázquez gaba “a contribución do Premio Repsol ao sector editorial, á industria cultural e á promoción social do galego”

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participaron na entrega do V Premio de Narrativa Breve Repsol, que lle foi concedido a Fernando Díaz-Castroverde pola súa obra de microrrelatos Microbios e outros paquidermos.

Fonte: Xunta de Galicia

O galego e a ecoloxía protagonizan as VIII Xornadas sobre Lingua e Usos, coas que colabora Política Lingüística

A concepción da lingua desde a perspectiva da ecoloxía centra este ano a temática das VIII Xornadas sobre Lingua e Usos, unha iniciativa que promove o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Real Academia Galega.

Fonte: Xunta de Galicia

A Real Academia Galega de Ciencias premia un traballo sobre o bilingüismo en Galicia

Un dos galardóns da Real Academia Galega de Ciencias recaeu sobre a investigación do equipo do catedrático Jorge Mira, do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que prognostica que en 2025 a metade da poboación de Galicia será bilingüe, algo máis do 30 % será monolingüe en castelán e o 15 % falará só en galego.

Fonte: ABC

Culturgal 2011 reafírmase como punto de encontro da creación cultural galega

A IV Feira das Industrias Creativas abriu as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra coa presenza de representantes de todas as asociacións sectoriais que integran o Culturgal, así como dos representantes políticos que apoian a feira.

Fonte: Xunta de Galicia

A Rede de Dinamización Lingüística crea un seminario de formación para impulsar pautas comúns no fomento do galego

A Rede de Dinamización Lingüística dá novos pasos para avanzar na extensión social do galego desde o ámbito local. Con este fin, pon en marcha un seminario de formación específica en dinamización do galego dirixido á representación técnica das entidades adheridas á Rede.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo cualifica o patrimonio musical galego como “un tesouro lingüístico”

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela organiza un ciclo de conferencias para difundir o patrimonio musical de Galicia e, en consecuencia, o seu principal vehículo de creación e transmisión: a lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo afirma que o compromiso dos autónomos é esencial para promover o galego no sector socioeconómico

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou a Feira de Mostras da Coruña, acompañado por diversos representantes da xunta directiva da Federación de Autónomos de Galicia (Feaga), entre eles o seu presidente, Francisco Pérez. Durante o seu percorrido polo recinto, o secretario xeral expresou a necesidade de impulsar a presenza do galego nun sector social prioritario como o económico e transmitiu que, “para acadar este obxectivo, o compromiso dos autónomos é esencial”.

Fonte: Xunta de Galicia

Ultiman a presentación da candidatura do .gal, un dominio de internet para a lingua e a cultura galegas

Nos últimos días representantes da Asociación PuntoGal tiveron unha xuntanza coa secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, para ultimar a presentación da candidatura que persegue un dominio para a lingua e a cultura galegas.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder