Galicia

O programa de dinamización lingüística O galego campa chega aos campamentos de verán da Xunta

O programa de dinamización lingüística O galego campa xa está nos campamentos de verán da Xunta de Galicia para promover o uso do galego entre a mocidade.

Fonte: Xunta de Galicia

O Instituto da Lingua Galega recibe a Medalla de Ouro de Galicia en recoñecemento ao seu labor investigador

O Goberno autonómico destacou o papel desempeñado polo Instituto da Lingua Galega durante corenta anos no estudo, coñecemento e investigación da lingua galega.

Fonte: El Correo Gallego

A investigación sobre o galego avanza grazas á colaboración permanente entre a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o presidente da institución académica, Xosé Luís Méndez Ferrín, asinaron un convenio para impulsar os traballos de lexicografía, sociolingüística e terminoloxía da RAG.

Fonte: Xunta de Galicia

O Centro de Linguas da Universidade de Vigo realiza probas de nivel oficiais

O Centro de Linguas da Universidade de Vigo examina os profesores de secundaria que necesitan acreditar un nivel B1 de inglés, entre outros. O curso 2009/2010 ingresou na Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior.

Fonte: Atlántico

A colaboración entre as administracións no fomento do galego centra as visitas institucionais de Anxo Lorenzo en Ourense

A colaboración entre as administracións autonómica e local no fomento social da lingua galega centrou as visitas institucionais que o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, realizou á Deputación e ao concello de Ourense.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Educación de Galicia autoriza a posta en marcha de 302 novas seccións bilingües

A Consellería galega de Educación acaba de autorizar de forma provisional a posta en funcionamento de 302 novas seccións bilingües nos centros de ensino da comunidade.

Fonte: El Progreso

O Banco Pastor achega unha ferramenta de videointerpretación para persoas xordas

O Banco Pastor vén de promover un servizo de videointerpretación para os clientes con xordeira. Segundo Feliciano Sola, presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG), trátase da primeira vez en España que unha empresa privada pon en marcha unha iniciativa social desta índole contando coa colaboración dunha entidade como a devandita Federación.

Fonte: Código Cero

Unha tese de doutoramento estuda os termos cromáticos na documentación medieval en lingua galega

A tese de doutoramento de M.ª Teresa Veiga analiza a expresión da cor na documentación medieval en lingua galega, tanto en textos orixinais como en fontes traducidas e ten como finalidade contribuír ao coñecemento deste vocabulario e á reconstrución dun sistema de termos cromáticos sen castelanismos.

Fonte: Universidade de Vigo

Máis de 100 estudantes rematan os cursos de verán de lingua galega para estranxeiros nas tres universidades de Galicia

Máis de 100 estudantes procedentes de preto de 30 países rematan os cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros que levaron a cabo, durante o mes de xullo, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVigo), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Un traballo de investigación analiza o uso do galego nos camposantos do concello do Valadouro

Alba García Pico, coa colaboración da fotógrafa María Mon, realizou un traballo de investigación e documentación de forma altruísta sobre o uso do galego nos camposantos das nove parroquias que conforman o concello do Valadouro.

Fonte: El Progreso

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder