Galicia
Máis de 100 propostas para felicitar o Nadal en galego a través de internet
Máis de 100 propostas para felicitar o Nadal en galego a través de internet. Este é o número de traballos que participan ata o momento no concurso de presentacións electrónicas que ten en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Avogados e procuradores apoian unha declaración a prol do galego

Vinte e cinco xuristas de toda Galicia participaron en Chantada no acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega en defensa da normalización lingüística na Administración de Xustiza. Entre os que asinaron a que os organizadores bautizaron como Declaración de Chantada atópanse avogados e procuradores en exercicio nesta comarca, ademais da titular do xulgado único deste partido xudicial.
Fonte: La Voz de Galicia
Instan o Valedor do Pobo a explicar se esixe retirar un libro que inclúe o artigo do Estatuto alusivo á lingua propia de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística instou o Valedor do Pobo a dar "explicacións inmediatas, públicas e claras" sobre a veracidade das informacións que afirman que este esixiu a retirada dun libro de texto por reproducir o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía, "que sinala que a lingua propia de Galicia é a galega".
Fonte: Europa Press
Póñense en marcha en Redondela dous concursos para galeguizar o Nadal
O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Asociación de Empresarios de Redondela poñen en marcha dúas campañas de dinamización e normalización lingüística centradas na época de Nadal, orientadas a dous sectores estratéxicos da actividade económica: a hostalería e o comercio.
Fonte: SNL de Redondela
O Concello de Narón felicitará as festas en galego para promover o uso desta lingua
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón acaba de lanzar unha campaña para felicitar o Nadal en lingua galega entre a cidadanía. A iniciativa ofrece unha serie de materiais, como postais de papel, postais electrónicas e modelos de textos para enviar por SMS, que está dispoñible na páxina web do Concello.
Fonte: La Voz de Galicia
Anxo Lorenzo reúnese coa xunta directiva da Asociación Galega de Editores
O secretario xeral de Política Lingüística e a directiva da Asociación Galega de Editores (AGE) mantiveron un encontro para avanzar na colaboración entre as dúas entidades e na difusión da lingua galega a través da edición.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia e o Concello de Lalín conmemoran os cincuenta anos da obra máis lida da literatura galega
A Xunta de Galicia e o Concello de Lalín conmemoran o 50º aniversario da obra máis lida da literatura galega, Memorias dun neno labrego, do escritor Xosé Neira Vilas.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha aplicación para Android deseñada na Universidade de Vigo mellora a comunicación de persoas con discapacidade
PictoDroid Lite é unha aplicación para dispositivos Android que permite aos usuarios comunicarse a través do uso de pictogramas, signos que representan esquematicamente un símbolo, obxecto real ou figura.
Fonte: Universidade de Vigo
Recoñecemento ao labor dos equipos de dinamización da lingua galega no vixésimo aniversario da súa creación
Coincidindo co vixésimo aniversario da creación dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) nos centros de ensino de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha dúas iniciativas para contribuír ao recoñecemento e difusión do seu labor na promoción do uso do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
A consultora N-Nova traducirá ao galego a plataforma de axuda ás empresas RS Pymes
Co obxectivo de axudar ás organizacións a diagnosticar a súa situación en materia de responsabilidade social e poder así tomar as decisións máis axeitadas en cada momento, a Fundación Alares e Mekit presentaron a mediados de ano unha plataforma web creada para dar servizo á pequena e mediana empresa española, que agora terá a súa versión en galego grazas á aposta da consultora N-Nova por esta lingua.
Fonte: Código Cero
Boletín
Subscríbase ao boletín