Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que A Coruña deturpa a toponimia nas paradas do autobús

A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña cuestiona que o Concello “desaproveite a oportunidade” de introducir o galego nas novas sinalizacións do transporte urbano que se están a instalar en diferentes puntos da cidade.

Fonte: Xornal

Anxo Lorenzo afirma que o Dicionario de Bioloxía constitúe unha nova peza do mosaico das linguaxes de especialidade en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na presentación do Dicionario de Bioloxía, unha obra de termos básicos en galego que abrangue toda a bioloxía e que inclúe conceptos relacionados coa antropoloxía, a bioquímica e a bioloxía molecular, a zooloxía, a botánica, a fisioloxía, a xenética, a microbioloxía, a ecoloxía, a bioloxía celular e o medio natural.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística convoca cursos en liña para preparar as probas de coñecemento de lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar os cursos en liña para preparar as probas de Certificación de lingua galega no nivel Celga 1.

Fonte: Xunta de Galicia

A lingua oral centra o VI Seminario de Dinamización Lingüística, un foro de intercambio de experiencias normalizadoras no ensino

A ensinanza e aprendizaxe das habilidades lingüísticas e o uso oral son as protagonistas do VI Seminario de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca favorecer o intercambio e a posta en común de experiencias normalizadoras no ámbito do ensino primario e secundario.

Fonte: Xunta de Galicia

Bocaberta acada esta semana 500 actividades realizadas para facer gozar os máis novos coa lingua galega

O programa Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, completa esta semana 500 actividades realizadas por toda Galicia desde que comezou a súa nova andaina.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia promoverá a creación dun observatorio da lingua galega no ámbito do deporte

A Xunta de Galicia apoiará a creación dun observatorio da lingua galega para o deporte. Trátase dunha iniciativa auspiciada pola Fundación Azkar e polo club Azkar Lugo FS que vai ser coordinada polo Goberno galego a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral para o Deporte e que conta co apoio da Real Academia Galega.

Fonte: Xunta de Galicia

A Concellería santiaguesa de Normalización Lingüística impulsa "Atopando Compostela", un xogo sobre a toponimia municipal

A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, presentou o proxecto de toponimia lúdica Atopando Compostela. Trátase dun xogo educativo sobre a toponimia do Concello de Santiago e está dirixido aos alumnos e alumnas de educación secundaria, co fin de que se familiaricen cos nomes propios dos lugares do municipio no que viven.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Bocaberta enche de música, maxia e cómic esta semana de Entroido para que os máis novos amplíen a diversión en galego

Bocaberta enche este semana de Entroido co mellor da música, da maxia e da banda deseñada en galego para os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística promove a oferta de materiais educativos en lingua galega a través de axudas para a súa edición

Promover a oferta de recursos didácticos curriculares en galego. Este é o principal obxectivo das subvencións que convoca no Diario Oficial de Galicia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

A Deputación da Coruña convoca o II Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2011

Para darlle continuidade ao premio creado o ano pasado en memoria de Rosalía de Castro, co fin de recoñecer a promoción e dignificación do patrimonio lingüístico galego, a Deputación da Coruña convoca a II edición deste galardón.

Fonte: A Coruña Cultura

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder