Galicia
Anxo Lorenzo afirma que a implicación das diferentes xeracións é imprescindible para afianzar a transmisión do galego na familia
“A implicación dos avós e das avoas, dos pais e das nais e tamén dos fillos e das fillas é imprescindible para afianzar a transmisión lingüística do galego na familia, así como para a extensión social do idioma”, afirmou o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.
Fonte: Xunta de Galicia
Galicia súmase á conmemoración do Día da Lingua Materna, unha iniciativa que busca promover a diversidade lingüística
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, presiden o luns 21 de febreiro o acto de conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna no Centro Cultural da Deputación ourensá.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta presenta as novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles para vivir en galego
A lingua galega amplía a súa presenza no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación. Faino a través das versións dos últimos produtos tecnolóxicos para traballar e vivir en galego: Windows7, Office 2010, Dynamics CRM e Sharepoint.
Fonte: Xunta de Galicia
A mostra "Educación, deporte e valores", que percorrerá os centros de ensino, favorece a dinamización do galego
A Xunta de Galicia promove a educación en valores a través do potencial educativo do deporte coa mostra Educación, deporte e valores que foi presentada no CEP Salustiano Rey Eiras, da Pobra do Caramiñal.
Fonte: Xunta de Galicia
Bocaberta visita esta semana máis de 20 concellos con divertidas actividades en galego para os máis novos
O programa de dinamización lingüística Bocaberta visita nos próximos días 24 concellos para achegarlles a lingua galega aos máis novos a través das actividades máis divertidas.
Fonte: Xunta de Galicia
Ponse en marcha Desata a Lingua!, o concurso de teatro radiofónico lido de Ames
Xogar coas palabras, coa expresión oral, coa creación de suxestivos espazos sonoros e, sobre todo, dinamizar o uso do galego entre a mocidade amesá a través da reflexión colectiva sobre a realidade sociolingüística son os obxectivos do Concurso de Teatro Radiofónico Lido.
Fonte: Concello de Ames
A CIG pide que parte das oposicións ao ensino sexan en galego
A CIG-Ensino vai reclamar a Educación que, como mínimo, unha parte das oposicións ao ensino se realice en galego "como mellor forma de garantir que o profesorado que acceda á función pública en Galicia reúna a formación necesaria para cumprir o establecido en materia lingüística".
Fonte: Galicia Hoxe
O persoal da Administración autonómica e os centros educativos dispoñen de novos servizos en liña para traballar en galego
A Xunta de Galicia pon a disposición do persoal e alumnado dos centros educativos e mais dos profesionais da Administración autonómica un novo servizo en liña para facilitar o uso do galego no seu traballo. Trátase dun sistema que permite consultar o dicionario de galego Digalego e a Enciclopedia Galega Universal (EGU).
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Educación di que o Día da Lingua Materna recoñece en todo o mundo a importancia da diversidade lingüística
"O Día da Lingua Materna recoñece, no mundo enteiro, a importancia da diversidade lingüística e do plurilingüismo en todas as súas dimensións”. Así se expresou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, que definiu “as linguas como elementos de vital importancia para a humanidade e que hoxe en día desempeñan unha función esencial na complexa urda educativa, cultural e económica das nosas sociedades”.
Fonte: Xunta de Galicia
O galego avanza e aséntase como lingua de tecnoloxía
O galego avanza e aséntase como lingua de tecnoloxía. Así o demostran as novas ferramentas ofimáticas de última xeración en galego que a Xunta de Galicia deu a coñecer no marco da campaña Vive en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín