Galicia

A lingua galega viaxa esta semana por 28 concellos a través da música, da maxia e da banda deseñada de Bocaberta

Bocaberta, o programa de dinamización do galego que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística para rapaces e rapazas de 3 a 18 anos, visitará nos próximos días 28 localidades das catro provincias galegas.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística aposta por aproveitar a potencialidade da literatura para promover a extensión social do galego

O sistema literario galego é unha vía imprescindible para a extensión e dignificación social da lingua galega, así como para a súa proxección exterior. Por iso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende reforzar a súa colaboración coas entidades que mellor coñecen este ámbito.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Educación acreditará o nivel de idioma para impartir materias nunha lingua estranxeira

A Consellería de Educación deseñou un sistema propio para acreditar os seus docentes co obxectivo de poten­ciar a participación na impartición de materias nun idioma estranxeiro, que poderían chegar a supor o 33 % do horario escolar segundo o decreto do plurilingüismo.

Fonte: Galicia Hoxe

O Proxecto Trasno dá a coñecer os acordos do seu festival de tradución ao galego de software libre

O festival de tradución ao galego de software libre que se celebrou en outubro de 2010 na vila de Ordes segue a ter repercusión, en boa medida a través das súas contribucións aos modelos de localización de programas á lingua galega que están por vir, para os que asenta alicerces importantes.

Fonte: Código Cero

Reclámanlle a Movistar que aposte dunha vez por todas polo galego

A Mesa pola Normalización Lingüística, a través do seu presidente, Carlos Callón, dirixiuse ao presidente da Xunta, á presidenta do Parlamento e ao presidente de Movistar para pedirlles medidas precisas de apoio ao galego en todas as actividades que Movistar está a desenvolver en Galicia.

Fonte: Código Cero

Anxo Lorenzo anima os concellos a coordinarse na promoción social do uso da lingua galega

O responsable de Política Lingüística cualificou de “imprescindible” o papel dos municipios para impulsar a difusión do uso do idioma desde o ámbito local.

Fonte: Xunta de Galicia

Os bebés e as súas familias teñen unha nova cita coas cantigas, a música, o teatro e os xogos dos Axóuxeres

Os Axóuxeres 2010-2011 proseguen o seu percorrido polas catro provincias galegas para facer gozar os bebés e as súas familias coas cantigas, a música, o teatro e os xogos en galego.

Fonte: Xunta de Galicia

O programa Bocaberta chega ás 400 actividades nunha semana cargada de maxia e música en galego para os máis novos

Bocaberta 2010-2011, o programa de dinamización do uso do galego que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística para os mozos e mozas de 3 a 18 anos, acada 400 actividades realizadas desde o seu inicio, o pasado mes de outubro.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística e Galaxia contribúen á difusión do ensaio en galego a través dunha nova edición do Premio Ramón Piñeiro

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; e o delegado de Gas Natural Fenosa en Galicia, Luis Díaz, presentaron a undécima edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.

Fonte: Xunta de Galicia

Educación colabora coas universidades galegas na planificación e coordinación da política lingüística universitaria de Galicia

Contribuír coa política lingüística universitaria en Galicia para favorecer a presenza do galego neste espazo académico. Este é o principal obxectivo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coa súa incorporación á Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder