Galicia
O programa de dinamización lingüística Bocaberta estrea un obradoiro de música tradicional para nenos e nenas
O obradoiro musical Canta música! estréase dentro da programación de Bocaberta, a iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca achegarlles o galego aos mozos e mozas dos 3 aos 18 anos.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística colabora cos Reis Magos para contestar as cartas dos nenos e nenas en galego este Nadal
Este Nadal, os nenos e nenas de Galicia poderán recibir unha carta de resposta dos Reis Magos personalizada e en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Editan unha guía de agasallos en lingua galega

A Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, acaba de editar Agasallo, unha guía na que se dan propostas de regalos en galego para o tempo de Nadal.
Fonte: Galicia Hoxe
Anxo Lorenzo felicita a Xosé Neira Vilas polos 50 anos da publicación de "Memorias dun neno labrego"
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, felicitou o escritor Xosé Neira Vilas polo próximo aniversario da obra Memorias dun neno labrego.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia promove actuacións para propiciar que o alumnado galego mellore as súas competencias nunha lingua estranxeira
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia traballa no desenvolvemento do Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras estruturado en cinco eixes.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística e a Deputación de Pontevedra organizan un encontro provincial sobre a Rede de Dinamización Lingüística
O Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra acolleu o encontro informativo provincial sobre a Rede de Dinamización Lingüística. O obxectivo da xornada era presentarlles aos concellos os obxectivos da rede, o seu funcionamento e as vantaxes de se integrar nela.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo apela á responsabilidade lingüística das empresas para que incorporen o galego nas súas actividades
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, apelou á "responsabilidade lingüística das empresas que traballan ou teñen o seu mercado en Galicia para que incorporen o uso do galego ás súas actividades".
Fonte: Xunta de Galicia
Bocaberta achégase ao Nadal con diversas actividades musicais e de banda deseñada para os máis novos
Bocaberta, o programa de dinamización do galego que a Secretaría Xeral de Política Lingüística dirixe aos mozos e mozas de 3 a 18 anos, segue coa súa actividade nos días previos ao Nadal.
Fonte: Xunta de Galicia
O BNG pide que a lingua portuguesa entre nos centros de ensino públicos
A deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Carme Adán instou a Xunta de Galicia a ofrecer o idioma portugués como segunda lingua estranxeira en todos os centros públicos da comunidade que impartan educación secundaria, para o que reclamou que se doten "do profesorado necesario".
Fonte: Galicia Hoxe
Dúas novas publicacións do Centro Ramón Piñeiro afondan no patrimonio lingüístico e literario galego-portugués
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, vén de publicar dúas obras que afondan no patrimonio lingüístico e literario galego-portugués.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín