Galicia

A lingua galega dispón de novos recursos tecnolóxicos de especial interese para o seu avance no ámbito da investigación

O galego conta con novos recursos tecnolóxicos de especial interese para os investigadores do idioma. Trátase da versión actualizada do Corpus Actual da Lingua Galega (CORGA), que foi presentada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Vigo organiza cursos básicos de lingua galega para inmigrantes

O Concello de Vigo organiza uns cursos básicos de lingua galega que permitan un achegamento á lingua e á cultura galega de xeito progresivo e adaptado ás necesidades do alumnado inmigrante.

Fonte: SNL do Concello de Vigo

Política Lingüística impulsa a incorporación do galego ao ámbito socioeconómico coa colaboración de Celtic Estores

O secretario xeral, Anxo Lorenzo, e o director xerente da empresa, Casián García, asinaron en Moraña un convenio a prol do fomento do uso do galego na actividade comercial.

Fonte: Xunta de Galicia

A música e a palabra protagonizan a actividade En clave de conto do programa Bocaberta, que se estrea en Ourense

O programa Bocaberta 2010-2011 da Secretaría Xeral de Política Lingüística estrea en Ourense unha nova actividade. Trátase da iniciativa En clave de conto, de OQO editora, que busca achegarlles a lingua galega aos nenos e nenas de 5 a 8 anos a través da música, da palabra e da ilustración.

Fonte: Xunta de Galicia

A política e a planificación lingüísticas centran o seminario impartido polo recoñecido profesor Thomas Ricento

O profesor Thomas Ricento afondou na política e na planificación lingüísticas no seminario que vén de impartir na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

Trinta e tres localidades recibirán esta semana actividades do programa de dinamización lingüística Bocaberta

Trinta e tres localidades galegas acollerán esta semana actividades do programa de dinamización Bocaberta, co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende achegar o galego á poboación máis nova.

Fonte: Xunta de Galicia

O Instituto Camões defende en Vigo internacionalizar o idioma portugués en tempos difíciles

A presidenta do Instituto Camões, Ana Paula Laborinho, resaltou en Vigo que a "internacionalización do idioma" portugués é un "capital" que "pode transformarse en vantaxe nestes tempos de dificultade".

Fonte: ABC

A Xunta de Galicia presenta Culturgal 2010 como a feira estratéxica para a proxección do sector cultural galego

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Juan Carlos Fernández Fasero, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participaron en Pontevedra na presentación do programa de actividades profesionais e públicas do Culturgal 2010.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo gaba a contribución dos galardoados cos Premios San Martiño a prol da "extensión e vitalidade" da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu no “importante labor de difusión do galego” levado a cabo pola Asociación Cultural O Brado a través dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Educación e a Universidade de Vigo reforzan a súa colaboración a prol da investigación sobre a lingua galega

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo (UVigo) reforzan a súa colaboración a prol da investigación sobre o galego.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder