Galicia

Irmandade Xurídica busca "normalizar" a utilización do galego na xudicatura

Irmandade Xurídica Galega considera que se avanzou de forma notable no uso do galego no ámbito da xustiza ao longo dos últimos trinta anos, malia que hoxe en día aínda "é pouca a súa utilización".

Fonte: El Correo Gallego

A páxina web de Paradores de Turismo xa está dispoñible en galego

A páxina web de Paradores de Turismo xa está dispoñible en galego e os usuarios poderán ler a información actualizada sobre a compañía, así como as novidades no mundo da gastronomía ou as ofertas da xeografía española no idioma propio da comunidade galega.

Fonte: Europa Press

Bocaberta inicia con bo ritmo a súa programación de 2011 da man dos grupos de pop Projecto Mourente e The Homens

O programa Bocaberta, co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca fomentar o uso da lingua galega entre os rapaces e rapazas dos 3 aos 18 anos, inicia o ano ao ritmo da mellor música en galego.

Fonte: Xunta de Galicia

A asociación Galicia Bilingüe esixirá nos tribunais clases só en castelán

Quince familias galegas asesoradas por Galicia Bilingüe levarán a Xunta aos tribunais para reclamar un ensino integramente na súa lingua materna para os seus fillos, alumnos do primeiro ciclo de primaria (6 e 7 anos).

Fonte: El Correo Gallego

O programa Bocaberta visita esta semana 14 concellos con múltiples actividades para fomentar o uso da lingua galega

Un total de 14 concellos galegos acollerá durante esta semana múltiples actividades de Bocaberta, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o uso do galego entre os rapaces e as rapazas de 3 a 18 anos.

Fonte: Xunta de Galicia

O Centro Ramón Piñeiro publica novos materiais inéditos sobre a figura e a obra do escritor Uxío Novoneyra

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades vén de publicar novos materiais inéditos que afondan na figura e na obra de Uxío Novoneyra.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade de Santiago de Compostela poderá premiar con ata 300 euros os traballos da carreira escritos en galego

Os alumnos da Universidade de Santiago que elaboren os seus traballos académicos, os proxectos de fin de carreira ou os proxectos de fin de grao en galego teñen unha nova oportunidade de tomar parte nos premios á calidade e á excelencia lingüística da Universidade.

Fonte: La Voz de Galicia

Os actos xurídicos en galego reducíronse á metade entre 2009 e 2010, segundo a Mesa pola Normalización Lingüística

Os actos xurídicos en galego reducíronse á metade entre 2009 e 2010 tras pasar de 57.011 a 30.334, respectivamente, segundo denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística, que achaca a caída rexistrada á "discriminación" e trato "deficiente e irregular" que sofren os falantes de galego desde a Administración de Xustiza.

Fonte: Europa Press

Máis de 5.000 persoas beneficiáronse do ambicioso plan de formación promovido por Política Lingüística en 2010

Co fin de fomentar a competencia en galego da sociedade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística promoveu en 2010 un total de 301 cursos preparatorios para obter a certificación oficial de coñecemento de galego (Celga) e tamén de formación específica para os profesionais ao servizo das distintas administracións, dos que se beneficiaron 5.371 persoas.

Fonte: Xunta de Galicia

O Fiscal Superior de Galicia pídelle á Xunta que protexa o galego nas fronteiras

O Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, instou a Xunta de Galicia a alcanzar acordos coas autoridades do Principado de Asturias para protexer e fomentar o uso do galego nas comarcas transfronteirizas da comunidade, como as do Eo-Navia.

Fonte: El Progreso

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder