Galicia
Máis de 3.000 alumnos galegos aprenden idiomas cos programas estivais da Xunta
3.077 alumnos galegos de secundaria, bacharelato e sexto de primaria de Galicia, beneficiaranse ao longo deste verán dos estudos para a aprendizaxe de linguas estranxeiras. Este ano a convocatoria para mellorar no estranxeiro o nivel de inglés e francés beneficiará a un 16 por cento máis de alumnos respecto ao ano pasado.
Fonte: El Progreso
Política Lingüística promove cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega dirixidos ao funcionariado do Estado en Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística aposta polo fomento da competencia en galego do persoal das administracións públicas. Con este fin, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo promoverá a realización dun total de 11 cursos dirixidos ao funcionariado da Administración xeral do Estado que presta servizo en Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Os alumnos do curso Lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia volven ás súas casas
Os 85 alumnos de 27 países de todo o mundo que participaron na vixésimo terceira edición dos cursos de Lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia, que se clausuraron na Facultade de Filosofía logo de case todo un mes de clases, volven aos seus países.
Fonte: La Voz de Galicia
Política Lingüística forma profesorado colaborador deste departamento para a avaliación de probas Celga
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración con Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, organiza estes días as Xornadas de Formación de Avaliadores Celga.
Fonte: Xunta de Galicia
A Fundación Carlos Casares contribúe á dinamización do uso do galego cun amplo programa de actividades
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Carlos Casares colaboran a prol da dinamización do uso do galego a través dun convenio de colaboración que inclúe diversas iniciativas.
Fonte: Xunta de Galicia
As empresas xornalísticas poden solicitar ata o 13 de agosto as axudas para as publicacións periódicas escritas en galego
As empresas xornalísticas que realicen publicacións periódicas integramente en lingua galega poden solicitar ata o próximo venres 13 de agosto as axudas convocadas o pasado 13 de xullo no Diario Oficial de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello da Coruña reparte 30.000 euros entre doce entidades para promover o galego
A Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña publicou a proposta de resolución provisional da adxudicación das subvencións destinadas a actividades e accións de normalización da lingua galega para o ano 2010 solicitadas por diferentes entidades con sede oficial na cidade.
Fonte: La Opinión A Coruña
Política Lingüística promove o uso do galego entre os máis novos coas mellores series de banda deseñada
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou a nova tempada da revista de historieta galega Galimatías, de El Patito Editorial, a través da que este departamento busca promover o uso do galego nas franxas de idade máis novas.
Fonte: Xunta de Galicia
O Teléfono da Muller de Galicia atenderá chamadas en máis de 50 idiomas
O Teléfono da Muller de Galicia está dispoñible en 51 idiomas, co fin de facilitar a atención ás mulleres estranxeiras que viven na comunidade que ‘teñen dificultades’ por descoñecemento do idioma.
Fonte: Atlántico
O PEN Club e Política Lingüística reafirman a súa vontade de cooperar na promoción do uso do galego a través da literatura
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o PEN Club de Escritores de Galicia reafirman a súa vontade de cooperar na promoción e difusión da lingua galega. Con este fin, ambas as entidades asinaron un convenio que inclúe a realización de diversas actividades.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín