Galicia
O Concello de Pontevedra pon en marcha unha web coa que aprender frases esenciais en galego dirixida a triatletas
O Concello de Pontevedra puxo en marcha unha web coa que aprender a pronunciar as frases esenciais en galego, pensada para que se sintan máis cómodos/as os/as triatletas que participarán na Copa de Europa que terá lugar o 12 de xuño na cidade do Lérez.
Fonte: CTNL
O Ministerio de Fomento pídelle á empresa concesionaria Autoestradas do Atlántico que galeguice os topónimos dos sinais
O Ministerio de Fomento ordenoulle á empresa concesionaria da autopista do Atlántico (Autoestradas do Atlántico) e ás unidades provinciais "corrixir" 115 indicadores viarios con topónimos castelanizados, segundo informou a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL).
Fonte: Finanzas
Política Lingüística promove a elaboración e a edición de material educativo en lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a convocatoria de subvencións para a creación de material educativo en lingua galega. As axudas están dirixidas, concretamente, á elaboración e edición en galego de material didáctico curricular para niveis non universitarios, en soporte impreso ou dixital.
Fonte: Xunta de Galicia
Os Premios de Innovación en Dinamización Lingüística recoñecen os mellores proxectos de fomento do galego nos centros de ensino
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca os Premios de Innovación en Dinamización Lingüística, unha iniciativa dirixida aos centros de titularidade desta consellería que busca fomentar o desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que favorezan o uso da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Desenvólvese unha campaña para concienciar as familias da importancia de que os seus fillos adquiran plena competencia en galego
O Concello de Pontevedra e os centros de ensino do municipio desenvolven a campaña conxunta "A escola, unha oportunidade para aprender", coa que convidan as familias á reflexión sobre a necesidade da súa implicación para que as súas fillas e os seus fillos poidan adquirir plena competencia en lingua galega.
Fonte: CTNL
Unha aplicación informática permite a tradución automática de inglés a galego e xa aglutina 71 millóns de termos
Unha nova aplicación informática denominada proxecto 'Carvalho' permitirá a tradución automática de textos e palabras de inglés ao galego, a partir dun corpus que xa aglutina uns 71 millóns de termos e que se enmarca no Plan galego de I+D+i 2006-2010.
Fonte: Europa Press
Un total de 113 concellos solicitou as axudas de Política Lingüística destinadas a fomentar o uso do galego no ámbito local
Un total de 113 localidades solicitou as axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico en concellos ou agrupacións de concellos con poboación igual ou superior a 3.000 habitantes e mais ao desenvolvemento de programas de fomento do uso do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
A ONCE impulsa a adaptación de recursos educativos en lingua galega para persoas con discapacidade visual
A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), a través da súa delegación territorial en Galicia, continúa a impulsar a adaptación de material en lingua galega para atender as necesidades das persoas con discapacidade visual, grazas ao convenio de colaboración que vén de asinar coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A segunda quenda do ano para realizar os cursos Celga desenvolverase durante os meses de xullo e agosto
A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha durante os meses de xullo e agosto a segunda quenda de cursos preparatorios para as probas dos niveis 1, 2, 3 e 4 do Certificado de lingua galega (Celga).
Fonte: Xunta de Galicia
O proxecto 'Abertos ao Galego', da Mesa pola Normalización Lingüística, creará unha rede de empresas que apostan polo galego

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o proxecto 'Abertos ao Galego', co que busca crear unha rede de empresas que aposten pola lingua galega. Esta iniciativa arranca con 62 empresas e está aberta a todos os que o desexen, e que deben cumprir tres requisitos: ter unha disposición favorable cara ao galego, propoñerse obxectivos de mellora e pagar a cota mínima de 48 euros para obter o certificado.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín