Galicia

O Arcebispado de Santiago de Compostela amosa o seu interese pola utilización da lingua galega na actividade eclesial

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, trasladoulle ao arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Xulián Barrio, a importancia de promover a utilización da lingua galega na actividade eclesial aproveitando a celebración do Ano Santo.

Fonte: Xunta de Galicia

As aplicacións web 2.0 ofrecen múltiples posibilidades para potenciar a dinamización do galego nos centros educativos

O V Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística, retomou a súa programación na Coruña e en Vigo incidindo nas vantaxes que ofrecen as aplicacións web 2.0 para desenvolver actividades de dinamización lingüística nos centros de ensino.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Vigo pon en marcha un programa de dinamización para potenciar o galego dun xeito atractivo

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo promove "Un mar de viñetas", un programa de dinamización que pretende favorecer o achegamento dos mozos e mozas á lectura en galego empregando a banda deseñada como ferramenta didáctica.

Fonte: CTNL

O catálogo e a web de Ikea estarán en galego

O catálogo en papel e a páxina web da tenda coruñesa de Ikea, que abrirá as súas portas o vindeiro 20 de xullo, contarán con versións en galego, segundo confirmaron fontes da empresa.

Fonte: Xornal de Galicia

O Colexio de Avogados de Santiago e Política Lingüística reforzan a súa colaboración na promoción da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Evaristo Nogueira, amosaron o seu interese por seguir impulsando conxuntamente o uso do galego no ámbito xudicial.

Fonte: Xunta de Galicia

Xustiza e Política Lingüística promoven a capacitación en lingua galega dos profesionais do ámbito xurídico

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xustiza avanzan na capacitación en galego do funcionariado a través dun acordo de colaboración que promove a oferta formativa nesta lingua entre o persoal da Administración de Xustiza.

Fonte: Xunta de Galicia

O Foro Peinador realiza un novo acto de promoción do galego no eido empresarial

Un novo encontro con empresarios para animalos a incorporar a lingua galega nos usos comerciais foi apadriñado a pasada fin de semana polo Foro Enrique Peinador.

Fonte: Vieiros

A Deputación de Lugo e Política Lingüística amosan o seu interese por colaborar na promoción da lingua galega

A Deputación Provincial de Lugo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciaron os primeiros contactos para establecer unha colaboración na promoción do uso da lingua galega desde o ámbito local.

Fonte: Xunta de Galicia

Desestiman un recurso que esixía a Tráfico facer en galego a proba para o carné de moto

A sección primeira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso dun home que esixiu a Tráfico poder facer en galego o exame para o permiso de moto.

Fonte: La Voz de Galicia

As iniciativas dos centros educativos para promover o uso da lingua galega incrementan a súa calidade

As actividades que actualmente se están a realizar desde os centros educativos para fomentar o uso da lingua galega incrementaron a súa calidade respecto do pasado curso escolar.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder