Galicia
O Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela prestará atención a nove idiomas o próximo curso
O Instituto Rosalía de Castro, situado en Santiago de Compostela, ofreceralle este próximo curso ao seu alumnado docencia de nove idiomas, que se complementará con materias sobre as respectivas culturas.
Fonte: La Voz de Galicia
O Concello da Coruña organiza obradoiros para achegarlles o galego aos non galegofalantes
A concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, Ermitas Valencia, presentou o programa de actividades do Servizo de Normalización Lingüística, que inclúe obradoiros de integración cultural e lingüística para inmigrantes e emigrantes retornados.
Fonte: Galicia Hoxe
O programa dos Axóuxeres inicia unha nova etapa chea de música, xogos, cantigas e palabras para os máis pequenos
A cidade da Coruña acolleu o inicio da nova edición dos Axóuxeres, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que, mediante a música, os xogos, as cantigas e as palabras, busca favorecer a incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística bota a andar o primeiro curso en liña orientado á preparación das probas Celga
A Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciou o primeiro curso en liña preparatorio para as probas de certificación de lingua galega do nivel 1.
Fonte: Xunta de Galicia
Un total de 106 concellos recibe as axudas de Política Lingüística para promover o uso do galego desde o ámbito local
Un total de 106 concellos de Galicia recibirá as subvencións que a Secretaría Xeral de Política Lingüística destina a promover a dinamización do galego desde o ámbito local.
Fonte: Xunta de Galicia
Está aberto o prazo de inscrición para participaren as familias cos seus bebés nos primeiros Obradoiros dos Axóuxeres
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de abrir o prazo de inscrición para os primeiros Obradoiros dos Axóuxeres, que se desenvolverán nas cidades da Coruña e Ferrol durante a semana do 13 de setembro de 2010.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Economía e Industria fomenta o coñecemento e o uso do galego no eido empresarial
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente da Fundación Galicia Empresa, Benito Fernández González, asinaron un convenio de colaboración para o fomento e a normalización do uso do galego na empresa.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo reivindica a importancia da calidade lingüística do galego na entrega do VIII Premio de Poesía Caixanova
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, reivindicou a importancia da calidade lingüística do galego a prol da vitalidade e do prestixio do idioma.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería galega de Educación anuncia que máis de medio centenar de centros serán plurilingües neste curso escolar
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de publicar a listaxe cos nomes dos 52 centros educativos galegos de educación primaria e secundaria obrigatoria que este curso comezarán a funcionar como centros plurilingües.
Fonte: Xunta de Galicia
As Festas dos Axóuxeres chegan a Lugo e a Ourense no seu percorrido por todas as cidades galegas
As cidades de Lugo e de Ourense son as novas paradas da Festa dos Axóuxeres, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que botou a andar na Coruña.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín