Galicia
Queremos Galego inicia unha recollida de sinaturas en apoio á proposición de lei en defensa dos dereitos lingüísticos
A plataforma Queremos Galego iniciou unha recollida de sinaturas simbólica para apoiar a proposición de lei en defensa dos dereitos lingüísticos que tramitarán os grupos da oposición no Parlamento autonómico e que conterá os preceptos recollidos na iniciativa lexislativa popular (ILP) rexeitada pola Mesa da Cámara.
Fonte: A Nosa Terra
A Deputación de Ourense e Política Lingüística asinarán un convenio para promover o uso do galego no ámbito local
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, mantiveron unha reunión, na que estableceron as bases para a colaboración entre ambas as entidades a prol do uso da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase a cuarta edición do concurso Lingua de amor
O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.
Fonte: CTNL
Os profesores de portugués de Galicia piden máis presenza deste idioma no ensino secundario
Con 250 alumnos que cursan estudos de portugués en 11 escolas de primaria e 25 de secundaria de toda Galicia, os profesores deste idioma, integrados na Associação de Docentes en Português na Galiza, denuncian que se senten discriminados fronte ao inglés e ao francés no novo decreto da Xunta que regula as actividades dos docentes nos niveis non universitarios.
Fonte: El Correo Gallego
Preséntase a segunda edición do OUFF Escola, unha iniciativa que aposta pola mostra audiovisual en lingua galega feita nas aulas
O auditorio municipal de Ourense acolleu a presentación do II Certame OUFF Escola, unha iniciativa que está impulsada polo Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF), pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais polo Concello de Ourense.
Fonte: Xunta de Galicia
Presentouse a Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008 con datos sobre o uso e coñecemento do galego
O Instituto Galego de Estatística publicou a Enquisa de Condicións de Vida das Familias, que achega datos sobre o emprego e coñecemento do galego correspondentes a 2008. Segundo esta enquisa, en 2008 o 30% dos galegos fala habitualmente sempre en galego. Esta porcentaxe baixou 13 puntos con respecto ao ano 2003.
Fonte: CTNL
Máis de 40.000 alumnos percorrerán as rúas de 14 comarcas de Galicia para reivindicar "o dereito a vivir en galego"
Máis de 40.000 alumnos de centros educativos de toda Galicia percorrerán as rúas de 14 comarcas nunha serie de carreiras que se celebrarán no marco do Correlingua 2010, unha proposta lúdico-festiva impulsada desde o curso 2000-2001 co fin de que os estudantes reivindiquen o seu "dereito a vivir en galego".
Fonte: Qué!
A Deputación da Coruña premia as empresas que fomenten o uso do galego
A Deputación da Coruña convocou un certame para premiar as institucións, persoas e empresas que poñan en marcha iniciativas para fomentar o uso do galego.
Fonte: La Opinión de A Coruña
Anxo Lorenzo anima os máis novos a seguir lendo en galego durante a entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, animou os máis novos a seguir lendo en lingua galega durante a entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento, que tivo lugar no recinto feiral de Silleda no marco da Festa da Lingua.
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase en Galicia o EuroCom, un proxecto que incide nas semellanzas entre idiomas para favorecer a súa intercomprensión
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora na presentación, por primeira vez en Galicia, do proxecto EuroCom, que organiza a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun método que favorece a aprendizaxe simultánea de linguas da mesma familia aproveitando as similitudes entre elas.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín