Galicia

Anxo Lorenzo incide na importancia da transmisión familiar do galego na clausura do curso de Preescolar na Casa

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, fixo fincapé na importancia de favorecer a transmisión interxeracional do galego durante a clausura do curso 2009-2010 da Fundación Preescolar na Casa, que tivo lugar en Lugo.

Fonte: Xunta de Galicia

Ramón Lorenzo, o Concello de Burela e o Foro Avogados Lugo reciben os premios Lois Peña Novo polo seu compromiso co galego

O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Ramón Lorenzo, o Concello de Burela e o Foro Avogados Lugo recibiron os premios Lois Peña Novo, uns galardóns que teñen por finalidade contribuír á promoción do idioma galego no ámbito da Administración pública a través do recoñecemento do traballo desenvolvido por persoas, institucións públicas e empresas privadas ou asociacións.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Ferrol lanza unha web para difundir as accións de promoción do galego do seu Gabinete de Normalización Lingüística

Ferrol con lingua é un novo web deseñado para difundir as accións de promoción da lingua galega que se desenvolven desde o Gabinete de Normalización Lingüística deste Concello.

Fonte: CTNL

A exposición "O galego noutros mundos" repasa a proxección internacional desta lingua

Ata o 31 de agosto en Vigo a mostra "O galego noutros mundos" repasa en trece paneis as diferentes realidades que evidencian a proxección internacional da lingua galega.

Fonte: La Voz de Galicia

A nova rede de semáforos de Vigo emitirá mensaxes bilingües

Os novos semáforos de Vigo falan en galego e en castelán, anunciando a rúa que se pisa e pitando para darlles paso ás persoas invidentes.

Fonte: Xornal

O Colexio de Avogados de Santiago é recoñecido polo seu labor a prol da lingua galega

A Irmandade Xurídica Galega (Ixuga) outorgoulle a medalla de ouro ao Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, en recoñecemento polo labor a prol do fomento do uso e prestixio do idioma galego que desenvolve a través do seu Servizo de Asesoramento Lingüístico.

Fonte: CTNL

Máis de 40.000 alumnos galegos de primaria e ESO mellorarán as súas competencias lingüísticas de aquí ao curso 2012/2013

Máis de 40.000 alumnas e alumnos galegos de primaria e da ESO terán mellorado no curso 2012/2013 as súas competencias lingüísticas grazas ao Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras, aprobado polo Consello da Xunta.

Fonte: Xunta de Galicia

Educación colabora coa Fundación Rosalía de Castro no desenvolvemento de actividades dinamizadoras do galego

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro, asinaron un convenio a través do cal ambas as entidades colaborarán no desenvolvemento de diversas actividades de dinamización da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo propón "realismo e traballo diario para avanzarmos na dinamización social da lingua galega"

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, propuxo “realismo e traballo diario” para avanzar na dinamización social da lingua galega”. Fíxoo durante a súa intervención na II Festa da Palabra, na que tamén participou o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa está dispoñible a interface en galego do Windows 7

Xa se pode descargar dende a páxina de Microsoft o parche para o sistema operativo Windows 7 para termos unha interface en galego. O paquete de idioma de interface de Windows (LIP) fornece unha versión parcialmente traducida das áreas máis utilizadas do Windows.

Fonte: CTNL

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder