Galicia

Anxo Lorenzo destaca a importancia de fomentar a investigación en lingua galega na entrega do Premio Condado de Pallares

O secretario xeral de Política Lingüística incidiu na necesidade de fomentar o uso da lingua galega no ámbito da investigación durante a súa intervención na entrega do premio Condado de Pallares, que tivo lugar na casa da cultura do concello lucense de Taboada.

Fonte: Xunta de Galica

Estudantes de galego do Bierzo participarán nun programa de estadía en Galicia para complementar a aprendizaxe desta lingua

Preto de cen alumnos e alumnas do Bierzo participarán nun programa de estadía en Galicia para complementar a súa aprendizaxe da lingua galega. A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de organizar unha reunión con profesores da comarca leonesa para ultimar o desenvolvemento desta actividade, que se enmarca dentro do programa de ensino de galego que este departamento ten en marcha nas comarcas do Bierzo e de Sanabria.

Fonte: Xunta de Galicia

Euronews proponlle á Radio Televisión de Galicia un informativo diario e un magacín semanal en galego

Euronews proponlle á Radio Televisión de Galicia (CRTVG) un informativo diario de dez minutos e un magacín semanal de 8, ambos en galego. Sobre iso debateu Philippe Cayla (presidente de Euronews) co responsable da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo e a directora de TVG Rosa Vilas.

Fonte: Galicia Hoxe

A posta en escena da obra de Carlos Casares achégalles a lingua galega aos máis novos coa colaboración de Política Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Fundación Carlos Casares e coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) no Proxecto Toromelos, unha iniciativa que busca achegarlles aos máis novos a lingua galega a través da posta en escena da obra do escritor Carlos Casares.

Fonte: Xunta de Galicia

Publícanse as listaxes de admitidos para a realización dos cursos de lingua galega que organiza Política Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de facer públicas as listaxes de admitidos para a realización dos cursos Celga na Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo que darán comezo no mes de marzo.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Muros convoca axudas a empresas para o fomento do uso do galego na rotulación permanente

O Concello de Muros, a través do Servizo de Normalización Lingüística, convoca para o ano 2010 axudas a empresas para fomentar a utilización da lingua galega na rotulación permanente dos establecementos comerciais.

Fonte: CTNL

PSOE e PP rexeitan unha moción do BNG para impulsar o uso do galego no Concello da Coruña

Os grupos municipais de PSdeG e PP no Concello da Coruña rexeitaron unha moción do BNG para tramitar unha ordenanza municipal relativa ao impulso do galego no Consistorio e promover a utilización e normalización deste idioma en todos os ámbitos.

Fonte: Europa Press

O borrador da Lei de comercio establece a liberdade de idioma do propietario para rotular o seu establecemento

Os 43.000 comerciantes galegos terán plena liberdade para elixir en cal dos dous idiomas oficiais da comunidade queren rotular os seus establecementos. Así o establece o anteproxecto da Lei de comercio que a Xunta presentou como unha norma coa que pretende buscar o equilibrio entre a protección do consumidor e do pequeno e mediano comercio, dentro dun escenario que está marcado pola liberalización europea do sector.

Fonte: La Voz de Galicia

Política Lingüística pon en marcha os cursos Celga 2010 para promover a aprendizaxe do galego entre a poboación adulta

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha os cursos preparatorios deste ano para obter o Certificado de lingua galega (Celga). O departamento que dirixe Anxo Lorenzo ofertará un total de 185 cursos –cunha duración de 75 horas lectivas cada un– que se distribuirán en tres quendas ao longo de todo o ano, co fin de facilitarlles a asistencia a todas as persoas interesadas en participar neles.

Fonte: Xunta de Galicia

Novos materiais pedagóxicos e lúdicos en lingua galega achegan o xadrez aos máis novos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística segue a traballar para garantir unha ampla e variada oferta de materiais pedagóxicos e lúdicos en lingua galega. O departamento que dirixe Anxo Lorenzo vén de facer posible a edición en galego dun novo volume de Xadrez para todos, unha colección composta por diversos manuais de iniciación e perfeccionamento deste antigo xogo de estratexia.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder