Galicia
O Concello de Ames organiza novos talleres de lingua e cultura galegas para veciños de fóra de Galicia
O Servizo de Normalización Lingüística de Ames e o Servizo de Atención ao Migrante mantén aberto o prazo para anotarse nos obradoiros de lingua e cultura galegas, unha actividade dirixida a todas as persoas que viven en Ames pero que proceden de fóra de Galicia ou que son emigrantes retornados e que precisan maiores habilidades lingüísticas en galego.
Fonte: La Voz de Galicia
Queremos Galego impulsa unha iniciativa lexislativa popular para garantir os dereitos lingüísticos dos cidadáns
A plataforma Queremos Galego presentará no Parlamento de Galicia, co apoio de Esquerda Unida (EU), unha iniciativa lexislativa popular (ILP) que ten por obxectivo "garantir os dereitos lingüísticos" dos cidadáns no seu trato coa Administración e no ensino público.
Fonte: Galicia Hoxe
Ábrese o prazo de inscrición nas probas que organiza Política Lingüística para obter a certificación de coñecemento de galego
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de facer pública a convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
Fonte: Xunta de Galicia
O galego non figura nos carteis informativos dos novos trens de Renfe
Malia que o español, o galego e o inglés son os idiomas nos que Renfe emite os sinais acústicos nos novos trens de media distancia, o español é a única lingua na que fican escritos os carteis informativos en cada un dos vagóns.
Fonte: A Nosa Terra
O BNG esixe que o galego figure na web de Paradores
O deputado Francisco Jorquera lamenta, nun comunicado, que non exista unha versión en galego e achácao á "recorrente marxinación" cara a esta lingua por parte da Administración central, que "vulnera toda a lexislación e iniciativas adoptadas" para velar polo "carácter plurilingüístico do Estado".
Fonte: ABC
Presentouse o libro 55 mentiras sobre a lingua galega
Presentouse en 69 localidades de todo o mundo o libro 55 mentiras sobre a lingua galega, unha obra promovida pola plataforma Prolingua e editada por Laiovento.
Fonte: Diario Cultural
As novas ferramentas tecnolóxicas para a análise do galego centran unha tese baseada nos proxectos do Centro Ramón Piñeiro
O Corpus de Referencia do Galego Actual (Corga), unha ferramenta baseada nas últimas tecnoloxías, está a permitir levar a cabo análises máis avanzadas da lingua galega. O investigador Mario Barcala vén de presentar na Universidade da Coruña unha tese de doutoramento que afonda neste proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Santiago pon en marcha a campaña de promoción do galego "Ven e namórate da lingua!"
As rapazas e os rapaces de 14 e 15 anos de Santiago de Compostela atoparán enriba dos seus pupitres un convite para unha cita a cegas, co lema "Ven e namórate da lingua!". Esta campaña de promoción do galego do Concello de Santiago aproveita a data do 14 de febreiro para promover a afectividade dos/as escolares coa lingua galega.
Fonte: CTNL
O BNG insta o rexedor de Ferrol a que a empresa municipal de augas Emafesa empregue o galego no servizo de atención telefónica
O grupo municipal do BNG insta o rexedor ferrolán, o socialista Vicente Irisarri, a que aplique o regulamento de normalización lingüística na empresa municipal de augas Emafesa.
Fonte: La Voz de Galicia
Convócase o X Concurso de relato oral Tíralle da lingua
Tíralle da lingua é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), dirixido ao alumnado e profesorado de toda Galicia, cos obxectivos de normalizar o uso oral do galego, de converter este idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias etc.
Fonte: CTNL
Boletín
Subscríbase ao boletín