Galicia
Anxo Lorenzo incide en que as bases do decreto do plurilingüismo están dirixidas á gran maioría da sociedade galega
O secretario xeral de Política Lingüística lembrou que as bases do novo decreto do plurilingüismo están dirixidas a unha maioría da sociedade que vive con tranquilidade a convivencia entre as dúas linguas oficiais de Galicia e que quere aparcar o debate suscitado arredor do galego e do castelán.
Fonte: Xunta de Galicia
A Deputación de Lugo porá en marcha programas de fomento do uso do idioma galego
A área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo porá en marcha varias iniciativas para o fomento do uso do idioma galego. Segundo anunciou o vicepresidente primeiro, Antón Bao, pretenden paliar a política que está a levar a cabo a Xunta, que representa un retroceso con respecto á normalización lingüística.
Fonte: La Voz de Galicia
Política Lingüística convoca axudas para fomentar a lingua galega nos centros educativos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de facer pública no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para os proxectos de fomento do galego nos centros de ensino non universitario de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Xa está aberto o prazo de solicitude para os 185 cursos Celga que ofertará este ano a Secretaría Xeral de Política Lingüística
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para este ano un total de 185 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis 1, 2, 3 e 4 do Certificado de lingua galega (Celga).
Fonte: Xunta de Galicia
O Grupo Parlamentario do BNG denuncia que o galego se exclúe dos paneis das estradas
O Grupo Parlamentario do BNG denunciou unha "nova exclusión da lingua galega" e, en concreto, dos paneis electrónicos nas estradas e autoestradas galegas con indicacións relacionadas co estado da meteoroloxía e, en concreto, sobre as nevadas, xeo ou sobre o adianto da volta á casa.
Fonte: Galicia Hoxe
Os educadores que impartan as súas clases en inglés terán preferencia nos traslados
O presidente galego demostrou publicamente a súa confianza na capacidade dos profesores galegos para adaptar os seus coñecementos ao futuro decreto plurilingüe no ensino, que estipula que un terzo do horario lectivo se imparta en lingua inglesa. Os docentes competentes para dar as súas clases neste idioma terán preferencia nos concursos de traslados, ademais doutros incentivos, segundo declarou.
Fonte: ABC
Política Lingüística impulsa a investigación sobre a lingua galega con novas bolsas de colaboración no Centro Ramón Piñeiro
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: Xunta de Galicia
Preto de 500 mozos e mozas de toda Europa solicitan participar no voluntariado lingüístico do Xacobeo
Ao redor de 500 mozos e mozas europeos xa solicitaron participar no voluntariado lingüístico do Xacobeo, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, logo de que o departamento autonómico contactase con 25 asociacións xuvenís de distintos países co fin de cubrir as 30 prazas do proxecto "Eu Camiño".
Fonte: Xuventude
Sindicatos ven "imposible" que a Xunta pida un idioma estranxeiro a docentes nas oposicións pola normativa vixente
Sindicatos do ámbito educativo consideran "imposible" desde o punto de vista lexislativo que a Xunta de Galicia pense esixirlles aos docentes un idioma estranxeiro nas oposicións porque non está recollido no Real Decreto que regula o acceso á función pública.
Fonte: Europa Press
Convócanse máis de trinta cursos para fomentar a competencia do funcionariado en lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) veñen de convocar 33 cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior co fin de fomentar a competencia do funcionariado en lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín