Galicia

Anxo Lorenzo anima os máis novos a seguir lendo en galego durante a entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, animou os máis novos a seguir lendo en lingua galega durante a entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento, que tivo lugar no recinto feiral de Silleda no marco da Festa da Lingua.

Fonte: Xunta de Galicia

Preséntase en Galicia o EuroCom, un proxecto que incide nas semellanzas entre idiomas para favorecer a súa intercomprensión

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora na presentación, por primeira vez en Galicia, do proxecto EuroCom, que organiza a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun método que favorece a aprendizaxe simultánea de linguas da mesma familia aproveitando as similitudes entre elas.

Fonte: Xunta de Galicia

Educación apoia a creación dramática en galego a través da súa colaboración no V Premio Abrente de Textos Teatrais

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participaron en Ribadavia na presentación das bases do V Premio Abrente de Textos Teatrais, un certame que busca incentivar a creación dramática en lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

128 centros de ensino privado beneficiaranse das axudas de Política Lingüística para promover o galego no ámbito educativo

Un total de 128 centros de ensino privado de Galicia recibirán as axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística para promover o uso do galego no ámbito educativo.

Fonte: Xunta de Galicia

Edítase o primeiro manual con documentación xurídica en galego para facilitar o labor da Administración de Xustiza nesta lingua

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Pablo Figueroa, presentaron o Manual básico de documentación administrativa e xurídica, unha publicación que recolle por vez primeira modelos de documentación xurídica en galego para facilitar e promover o labor dos profesionais da Administración de Xustiza nesta lingua.

Fonte: Xunta de Galicia

O fomento da lingua galega a través das TIC centra o V Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino

Aproveitar as vantaxes das TIC para fomentar o uso do galego nos centros educativos. Este é un dos principais obxectivos do V Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística dirixida ao profesorado que se desenvolve nas cidades da Coruña, de Vigo e mais de Lugo.

Fonte: Xunta de Galicia

A Deputación da Coruña e Política Lingüística avanzan na colaboración para promover o uso da lingua galega

A Deputación Provincial da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciaron os primeiros contactos para cooperar no fomento do uso do galego desde o ámbito local. Os responsables de ambas as entidades, Salvador Fernández Moreda e Anxo Lorenzo, respectivamente, mantiveron unha reunión na sede da deputación coruñesa para establecer as bases dun traballo conxunto a prol da dinamización da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Convócanse os premios ao desenvolvemento de novos contidos para internet en galego

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica convoca os premios ao desenvolvemento de novos contidos para internet en galego coa finalidade de fomentar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación mediante o incremento de contidos para a rede, destacables pola súa creatividade e calidade.

Fonte: CTNL

Anxo Lorenzo participa na presentación de diversos manuais en galego dirixidos ao alumnado de formación profesional

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu no compromiso do seu departamento coas “iniciativas que lles axuden ás empresas a desenvolver a súa actividade e a ofrecer os seus produtos en galego”.

Fonte: Xunta de Galicia

Arranca a campaña O galego medra contigo! organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

O sábado 24 de abril arranca a campaña O galego medra contigo!, que chega á súa terceira edición. Este ano as actividades levan como fío condutor un libro publicado do ano 1995 titulado Paula e as palabras que levou o vento, que foi escrito por Xosé Carlos Cermeño.

Fonte: SNL do Concello da Coruña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder