Galicia

Política Lingüística dálle un novo impulso á dinamización do galego no ámbito local coa colaboración da Fegamp

Cun total de 602.662 euros a Secretaría Xeral de Política Lingüística financia a creación e mantemento dos servizos lingüísticos municipais, os departamentos técnicos encargados da planificación e xestión de actuacións destinadas a incrementar o uso da lingua galega na actividade dos concellos e no seu espazo social.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Educación edita unha guía para facilitarlle ao profesorado o ensino bilingüe

A Consellería de Educación enviaralles aos centros educativos nos próximos días o libro CLIL: integrando linguas a través do currículo, editado co obxectivo de axudar á implantación do modelo de traballo en seccións bilingües CLIL (Content and Language Integrated Learning, Estudo integrado de contidos e linguas), que lles permite aos docentes dispor dunha ferramenta de traballo útil para os ensinos bilingües.

Fonte: El Progreso

A web da Universidade de Vigo explica en lingua de signos como matricularse por internet

A Universidade de Vigo estreou este curso a matrícula a través de internet e os alumnos xordos tiveron as mesmas posibilidades que os seus compañeiros grazas á iniciativa do grupo de investigación de linguas signadas, a canle U-Vigo-TV e as empresas Telkek Video Research y Hacce Soluciones.

Fonte: Faro de Vigo

Anxo Lorenzo destaca o equilibrio e a garantía plena de competencias lingüísticas nun marco trilingüe do novo decreto

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, lembrou que as bases para a elaboración do Decreto do plurilingüismo no sistema educativo non universitario permiten que as familias galegas participen por primeira vez de forma activa no desenvolvemento dun ensino de calidade en Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Preto de 1.000 persoas obtiveron o Certificado de lingua galega na última convocatoria das probas

Un total de 928 persoas conseguiron o Certificado de lingua galega nalgún dos catro niveis na última convocatoria das probas que convocou a Secretaría Xeral de Política Lingüística os pasados meses de outubro e novembro.

Fonte: Xunta de Galicia

A revista de cómic galego 'Galimatías', do programa Bocaberta, chega ás librerías nun volume recompilatorio

A revista xuvenil Galimatías de banda deseñada en galego, que forma parte do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, recolle os seus primeiros vinte números nun volume recompilatorio a modo de libro que xa está dispoñible nas librerías de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

O PP invita o PSdeG a sumarse "ao consenso" do novo decreto do galego, pero ve case imposible contar co BNG

O portavoz en materia de Educación do PPdeG, Román Rodríguez, invitou o PSdeG a sumarse "ao consenso" e apoiar o novo decreto que regula o uso do galego no ensino, cuxo borrador presentou o día 30 de decembro o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aínda que considerou "case imposible" alcanzar un acordo co BNG pola súa postura "maximalista".

Fonte: Europa Press

Estudan a posibilidade de presentar un recurso contra o decreto do galego por considerar que desprotexe esta lingua

O sindicato educativo STEG uniuse ao sindicato CIG no seu chamamento para que o profesorado continúe impartindo as clases en galego, incumprindo as porcentaxes que marque o decreto presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Fonte: La Voz de Galicia

Os equipos de normalización afirman que o decreto agride o galego

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística denunciou a "clara discriminación" do galego no borrador do novo decreto sobre o uso do idioma no sistema educativo, que atribúe a que resulta "dunha decisión política e non pedagóxica".

Fonte: El País

Galicia é a segunda comunidade onde máis alumnado estuda dúas linguas estranxeiras en secundaria

As estatísticas do Ministerio de Educación demostran que Galicia se foi incorporando con éxito aos idiomas no ensino. Máis do 60 % dos estudantes de secundaria cursa en Galicia unha segunda lingua estranxeira, segundo os datos do curso 2007-2008 do Ministerio de Educación. É a segunda comunidade cunha maior porcentaxe de alumnos estudando dous idiomas, tras Canarias.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder