Galicia

O programa Bocaberta prosegue o seu percorrido por toda a comunidade para fomentar o galego entre os máis novos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística continúa o seu percorrido polos concellos galegos para promover co seu programa Bocaberta o uso da lingua galega entre as franxas de idade máis novas.

Fonte: Xunta de Galicia

Unha nova colección de documentos electrónicos facilitará o traballo en normalización lingüística

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) inicia unha colección de documentos electrónicos de apoio, análise e proposta co obxectivo de facer máis eficaz o traballo en normalización lingüística. A colección iníciase con Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística, de Manuel Bermúdez Blanco.

Fonte: CTNL

A Coruña acolle AchegArte, unha feira para promover os produtos e servizos culturais en galego

Esta feira, que se desenvolverá os días 27 e 28 de novembro na Coruña, ten como obxectivo a promoción dos produtos e servizos en galego dos ámbitos da música, da literatura, do audiovisual, das artes escénicas, da xestión sociocultural etc.

Fonte: CTNL

Política Lingüística colabora co RACC na incorporación do galego aos seus programas de prevención da sinistralidade

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria colabora co RACC na incorporación do galego ás súas campañas para previr a accidentalidade nas estradas dirixidas aos máis novos.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo aposta polo galego como "unha oportunidade empresarial para marcar calidade, historia e procedencia"

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou o galego como “unha oportunidade empresarial para marcar calidade, historia e procedencia” durante a súa intervención na Xornada Empresa e Identidade. “En galego, consumo gusto”.

Fonte: Xunta de Galicia

O presidente da Xunta someterá "á reflexión" a proposta sobre o galego do Consello da Cultura Galega

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, someterase "á reflexión" conxunta entre el, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e o Consello da Cultura Galega (CCG), para estudar a proposta desta entidade de crear unha comisión parlamentaria que desenvolva o Plan xeral de normalización da lingua galega, e afirmou que agradece o seu "interese pola normalización cordial".

Fonte: Europa Press

A primeira e única tradución dunha obra de referencia internacional da fraseoloxía edítase en lingua galega

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades vén de conseguir que a primeira, e durante varios anos única, tradución dunha obra moi esperada da fraseoloxía sexa a galega.

Fonte: Xunta de Galicia

PSOE e BNG rexeitan que o español sexa idioma oficial, xunto ao galego, do Concello de Vigo

O pleno do Concello de Vigo, con 14 votos en contra dos concelleiros de PSOE e BNG, rexeitou unha moción do PP que pretendía que o castelán fose, xunto co galego, o idioma oficial do Concello.

Fonte: La Voz de Galicia

A G2, segunda canle da Televisión de Galicia, terá un informativo diario en lingua de signos

A Televisión de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) asinan un convenio de colaboración que contribuirá a facer máis accesible a canle pública galega para as persoas con discapacidade auditiva. A G2, segunda canle de TVG, comprométese coa emisión dun espazo informativo, de 40 minutos diarios, de luns a venres, presentado en lingua de signos.

Fonte: El Correo Gallego

Anuncian un paro no ensino se se derroga o actual decreto do galego

Sindicatos, colectivos estudantís e de defensa da lingua galega agrupados na plataforma Queremos Galego anunciaron paros e unha mobilización xeral de todo o ensino se o Goberno de Núñez Feijoo non rectifica na súa intención de derrogar o actual decreto da lingua 124/2007.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder