Galicia
Os centros educativos poderán solicitar as axudas de Política Lingüística para fomentar o uso do galego ata o vindeiro luns
O prazo de solicitude das axudas de Política Lingüística para fomentar o galego no sistema educativo permanecerá aberto ata o vindeiro luns día 1 de febreiro, polo que os centros de ensino aínda poden presentar os seus proxectos nos próximos días.
Fonte: Xunta de Galicia
A plataforma ProLingua presentará o 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega
A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.
Fonte: CTNL
Política Lingüística colabora na incorporación do galego á actividade empresarial do transporte público
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria segue a promover a incorporación do galego á actividade empresarial. O departamento que dirixe Anxo Lorenzo, en colaboración coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, vén de impulsar a incorporación da lingua galega á actividade de Travibus Noroeste S.A., unha das empresas máis importantes do transporte público en Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Comezan os cursos de linguaxe administrativa para promover o uso e o coñecemento da lingua galega entre o funcionariado
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), vén de botar a andar os cursos de linguaxe administrativa, que teñen como obxectivo prioritario fomentar o uso e o coñecemento da lingua galega entre o persoal público da Administración autonómica de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo incide na importancia de crear estratexias dinamizadoras para fomentar o uso do galego nos centros educativos
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inaugurou as Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, dirixidas ao profesorado implicado na elaboración dos proxectos gañadores destes premios.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo salienta o interese do Simposio Internacional de Lingüística para avanzar no coñecemento científico
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, participaron no Pazo de Fonseca de Santiago na inauguración do XXXIX Simposio Internacional da Sociedade Española de Lingüística (SEL), que se desenvolverá ata o día 4 deste mes na Facultade de Filoloxía.
Fonte: Xunta de Galicia
Ikea non valora o galego para traballar na tenda que abrirá este verán na Coruña
Ikea abrirá este verán a súa primeira tenda en Galicia –na Coruña– e xa está inmersa na contratación do persoal, 400 postos de traballo para os que calculan recibir uns 50.000 currículos. O formulario web que os candidatos deben cubrir para optar a un posto ten un apartado específico para idiomas no que non existe a posibilidade de reflectir os coñecementos de galego.
Fonte: Xornal
O Consello da Cultura Galega aproba o seu ditame sobre as bases do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario
O Consello da Cultura Galega aprobou, nun Pleno da institución, o ditame sobre as “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Ames organiza novos talleres de lingua e cultura galegas para veciños de fóra de Galicia
O Servizo de Normalización Lingüística de Ames e o Servizo de Atención ao Migrante mantén aberto o prazo para anotarse nos obradoiros de lingua e cultura galegas, unha actividade dirixida a todas as persoas que viven en Ames pero que proceden de fóra de Galicia ou que son emigrantes retornados e que precisan maiores habilidades lingüísticas en galego.
Fonte: La Voz de Galicia
Queremos Galego impulsa unha iniciativa lexislativa popular para garantir os dereitos lingüísticos dos cidadáns
A plataforma Queremos Galego presentará no Parlamento de Galicia, co apoio de Esquerda Unida (EU), unha iniciativa lexislativa popular (ILP) que ten por obxectivo "garantir os dereitos lingüísticos" dos cidadáns no seu trato coa Administración e no ensino público.
Fonte: Galicia Hoxe
Boletín
Subscríbase ao boletín