Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Ourense apostan por unir esforzos no fomento da lingua galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, realizou a súa primeira visita institucional á Deputación de Ourense, onde foi recibido polo seu presidente, José Luis Baltar. Durante a reunión que mantiveron, Lorenzo e Baltar expresaron o seu interese na posibilidade de establecer unha colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Ourense para desenvolver conxuntamente iniciativas que incidan na promoción do uso da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Economía aposta por introducir o galego nas empresas para normalizar o seu uso
O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, apostou por introducir o galego nas empresas como medida para normalizar o uso desta lingua, en resposta a unha pregunta do deputado do Bloque Nacionalista Galego Bieito Lobeira, na que denunciou que existe "un problema obxectivo" no mundo empresarial no que "necesariamente ten que entrar o Goberno".
Fonte: Europa Press
Política Lingüística convocará a comezos de 2010 as axudas para os proxectos de fomento do galego no ensino
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, como xa anunciara o secretario xeral Anxo Lorenzo, daralle continuidade á convocatoria de axudas aos centros de ensino para a realización de proxectos que fomenten o uso do galego no ámbito educativo.
Fonte: Xunta de Galicia
O programa Bocaberta de Política Lingüística achega o galego aos máis pequenos a través de diversos obradoiros
O programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística Bocaberta achegará o galego aos nenos e nenas de Santiago a través de diferentes obradoiros. Farao a través da campaña Contos para falar, unha iniciativa que o departamento que dirixe Anxo Lorenzo ten en marcha coa editorial Rodeira.
Fonte: Xunta de Galicia
O programa Volangteer fomentará a lingua e a cultura galegas entre os estudantes universitarios estranxeiros
As accións do programa europeo Volangteer comezaron a desenvolverse o 14 de outubro co obxectivo de promover o uso do galego entre as persoas estranxeiras que estudan en Galicia e, desta maneira, aumentar o seu coñecemento da realidade sociocultural galega así como a súa integración, comprensión intercultural e solidariedade.
Fonte: Xunta de Galicia
As empresas Enor, Tubos Armados, Elinsa e Altair súmanse á Fundación Galicia Empresa para promover a lingua galega
A Fundación Galicia Empresa vén de incorporar catro novas empresas para normalizar o uso do galego nas súas actividades empresariais así como promover a investigación no sector económico galego sobre todo nos eidos social, económico e cultural.
Fonte: CEG
Yelmo-Cineplex e a Concellería de Normalización Lingüística de Vigo organizan un ciclo de cine en galego
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e Yelmo-Cineplex organizan o programa Unha lección de cine, dirixido a alumnos e alumnas de secundaria, que ten como obxectivo promover o cine en lingua galega.
Fonte: La Voz de Galicia
A Asociación Socio-pedagóxica Galega organiza a segunda edición do Torrelingua na Coruña
A Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) organiza, co patrocinio da Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, a segunda edición de Torrelingua, programa de dinamización lingüística que ten por obxecto promover o galego entre o alumnado de primaria e secundaria.
Fonte: CTNL
Mancomún incorpora máis materiais ao seu fondo de corpus lingüístico
Mancomún amplía o Corpus coa tradución dun software de virtualización feita en colaboración coa Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela e un aplicativo de xestión de desenvolvemento de proxectos informáticos ou informatizados. Ademais tamén se incorpora o Glosario de localización publicado hai uns meses por Mancomún.
Fonte: Mancomún
Os Encontros dos Axóuxeres inician a súa programación de lingua e música para bebés
Logo do seu percorrido polas cidades galegas durante o mes de setembro, as Festas dos Axóuxeres –un programa de dinamización da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística dirixido aos bebés e ás súas familias– regresan de novo nun formato máis reducido. Trátase dos Encontros dos Axóuxeres que, a diferenza das festas, se celebran en espazos pechados –centros socioculturais, casas do concello, etc.– e para un público máis reducido, estimado en arredor de 70 persoas en cada sesión.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín