Galicia
Queremos Galego impulsa unha iniciativa lexislativa popular para garantir os dereitos lingüísticos dos cidadáns
A plataforma Queremos Galego presentará no Parlamento de Galicia, co apoio de Esquerda Unida (EU), unha iniciativa lexislativa popular (ILP) que ten por obxectivo "garantir os dereitos lingüísticos" dos cidadáns no seu trato coa Administración e no ensino público.
Fonte: Galicia Hoxe
O Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha travesía para recuperar os nomes do mar
O Instituto de Estudos Miñoranos organizou unha travesía pola baía de Baiona a bordo da embarcación 'Nauja', para contemplar o patrimonio natural desta zona e revitalizar a cultura marítima do sur de Galicia, sobre todo o vocabulario que se vai perdendo ao longo do tempo.
Fonte: A Nosa Terra
Lotes de libros, música e filmes premian as anécdotas máis enxeñosas da fala dos máis pequenos da casa
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver os gañadores do seu “Anenotario”, un espazo na rede habilitado para que as familias poidan compartir con outros usuarios anécdotas divertidas e outras vivencias dos máis pequenos da casa.
Fonte: Xunta de Galicia
Edítanse case dous mil volumes de textos educativos en lingua galega
Dos case 28.000 volumes de textos educativos que os editores españois porán no mercado de cara ao curso 2009-2010, 1.854 editaranse en lingua galega, un 6,6 % do total.
Fonte: La Voz de Galicia
O Concello de Ferrol aproba a concesión de axudas para a galeguización das entidades deportivas desta cidade
Segundo anuncia o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, o Concello de Ferrol aprobou as bases da convocatoria de subvencións para a galeguización de páxinas web de clubs e entidades deportivas.
Fonte: BOP
O BNG di que os medios de comunicación que non fomentan o galego deben devolver as axudas
O BNG insta a Xunta a reclamar a devolución das axudas concedidas aos medios de comunicación que non cumpran coas “obrigas contraídas” para o fomento do galego a través da resolución da Secretaría Xeral de Comunicación.
Fonte: Xornal.com
A CiberIrmandade da Fala publica a tradución ao galego da aplicación informática libre de televisión por internet Miro
A CiberIrmandade da Fala informa de que o reprodutor multimedia e xestor de descargas Miro xa está dispoñible en galego. Miro permite non só reproducir multitude de vídeos e podcasts, senón que facilita a xestión das súas descargas.
Fonte: Código Cero
A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia un ''outono quente'' cun calendario de actuacións ''insistente''
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, analizou en Compostela a situación da política lingüística en Galicia. Durante este acto, Callón augurou un 'outono quente en defensa do noso idioma e da legalidade lingüística vixente'.
Fonte: El Progreso
O Parlamento galego apoia o dereito á tradución e á interpretación nos xuízos en toda a Unión Europea
Os tres grupos parlamentarios, PP, PSOE e BNG, deron o seu visto e prace a unha proposta remitida polo Consello de Europa (CE) para establecer uns "mínimos" comúns a todos os Estados membro nos dereitos de tradución e interpretación nun proceso penal, cando o acusado non coñece a lingua na que este se desenvolve.
Fonte: Xornal.com
O PP pide que se inclúa o castelán como lingua oficial do Concello de Vigo
O PP de Vigo presentará unha moción no pleno para reclamar ao Concello de Vigo que modifique a Ordenanza de Normalización Lingüística e inclúa como lingua oficial o castelán.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín