Galicia
Anxo Lorenzo destaca a importancia de sensibilizar os pais e as nais para transmitir e conservar a lingua galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recoñeceu a importancia de sensibilizar os pais e nais para transmitir e conservar a lingua galega. Fíxoo na entrevista do programa “Bos días” da TVG, onde tamén abordou algunhas das prioridades da política lingüística que está desenvolvendo o seu departamento para fomentar o uso do galego nos distintos ámbitos da sociedade.
Fonte: Xunta de Galicia
Os Encontros dos Axóuxeres 2009 despídense co cartel de "completo"
Logo do éxito acadado no seu percorrido por diversas localidades galegas o pasado mes de outubro, os Encontros dos Axóuxeres despídense cun grande espectáculo de música e palabra para os máis pequenos nos concellos de Castro de Rei, Barreiros e Cariño.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo afirma que o compromiso de todos os axentes educativos será decisivo para desenvolver con consenso o novo decreto
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, falou da necesidade de contar co “compromiso de todos os axentes do ámbito educativo” –profesores, Administración, equipos de normalización e dinamización lingüística e familias– para botar a andar con éxito un novo marco regulador das linguas no ensino non universitario.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística reclama unha televisión pública que sexa plural e que promova a cultura galega
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, transmitiulle ao director xeral da RTVG nunha xuntanza as queixas de nais e pais por se deixaren de emitir os Teletubbies en galego.
Fonte: Vieiros
Anxo Lorenzo destaca o papel dos concellos na normalización da lingua galega durante unha homenaxe a Cabanillas
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na homenaxe a Ramón Cabanillas na casa consistorial de Mondariz-Balneario, no día no que se cumpren cincuenta anos do pasamento do poeta cambadés.
Fonte: Xunta de Galicia
O programa dos Axóuxeres consolídase na edición 2009 cunha ampla acollida das familias
As festas e os Encontros dos Axóuxeres convidaron neste 2009 os máis pequenos de Galicia (bebés de 0 a 3 anos) a facer un orixinal percorrido musical polas primeiras palabras e os primeiros xogos. Máis de 3.500 persoas asistiron a esta serie de representacións participativas que percorreron nos meses de outubro e novembro dezanove localidades das catro provincias galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
O tenente de alcalde de Vigo presenta o primeiro dicionario plurilingüe destinado aos turistas

O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, presentou o primeiro dicionario plurilingüe destinado aos turistas, que ten por obxectivo facilitarlles ás persoas que visitan a cidade unha guía para poder comunicarse, ao tempo que "unha pequena introdución" á lingua galega. O dicionario recolle 170 expresións traducidas ás catro linguas do estado, galego, castelán, catalán e éuscaro, así como portugués, inglés, francés, italiano e alemán.
Fonte: Xornal.vigo.org
Política Lingüística destinará 600.000 euros a fomentar o uso do galego no ámbito local a través dun convenio coa Fegamp
O Consello da Xunta aprobou o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para fomentar o uso da lingua galega no ámbito local a través das corporacións municipais.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo gaba os galardoados cos Premios San Martiño de Normalización polo seu traballo a prol da lingua galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, gabou “a capacidade das entidades e persoas galardoadas cos Premios San Martiño de Normalización Lingüística de facer partícipe a cidadanía do fomento da lingua galega”. Fíxoo durante a súa intervención no acto de entrega destes galardóns que concede a Asociación Cultural O Brado, que tivo lugar no Teatro Principal da Estrada.
Fonte: Xunta de Galicia
Vigo celebra unha festa multicultural para dar a coñecer a lingua galega entre a poboación inmigrante
O Concello de Vigo organiza nas prazas do Berbés e do Progreso unha Festa Multicultural que ten o obxectivo de fomentar a integración das persoas que proveñen de diferentes países -e empregan diversas linguas-, á vez que se lles dá a coñecer a existencia do galego.
Fonte: CTNL
Boletín
Subscríbase ao boletín