Galicia

O Concello de Cerceda presenta a guía Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego

O Servizo de Normalización do Concello de Cerceda presentou unha guía de agasallos para realizar no Nadal baixo o título Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego. Trátase dunha pequena escolma de libros, de música e de DVD cuxo fío condutor é a súa calidade e teren o galego como lingua.

Fonte: CTNL

Preto de 2.000 persoas realizaron as últimas probas que convocou Política Lingüística para obter o Certificado de lingua galega

Un total de 1.885 persoas realizaron as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou o pasado mes de novembro para obter o Celga –Certificado de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas– nalgún dos seus catro niveis.

Fonte: Xunta de Galicia

O certame "O galego é..." fomenta a lingua propia de Galicia entre menores tutelados pola Xunta

O centro comercial Área Central de Santiago de Compostela acolleu a exposición “O galego é...”. Trátase dunha mostra fotográfica que amosa a visión sobre a lingua e a cultura galegas de dezaseis rapaces e rapazas do programa Mentor, un proxecto que ten como fin formar, orientar e facilitar a inserción laboral destes mozos e mozas de entre 16 e 18 anos tutelados pola Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Unha nova plataforma promove escolas privadas en galego

Xa son 850 os membros da Rede Popular de Ensino en Galego que se acaba de constituír co obxectivo de crear a partir de 2012 unha organización que promova, con financiamento e apoio pedagóxico, a apertura de escolas privadas que ensinen en galego.

Fonte: El País

O Instituto Camões comeza un proceso de sensibilización sobre o acordo ortográfico en Galicia

O Instituto Camões en Galicia xa comezou co proceso de sensibilización sobre o acordo ortográfico que será complementado, a partir de febreiro, con accións de formación específica para docentes que aprendan portugués en Galicia.

Fonte: RTP

Celébrase en Vigo "Da mañá á noite Convers-Ando", unha iniciativa para tentar facer reflexionar á poboación sobre o galego

O colectivo CambiaGalicia organizou "Da mañá á noite Convers-Ando", unha iniciativa para tentar facer reflexionar á poboación sobre o galego, partindo de actividades lúdicas que se desenvolveron no barrio do Calvario en Vigo o sábado 12 de decembro.

Fonte: CTNL

O Concello de Ames organiza o III Concurso de cartas en lingua galega aos Reis Magos

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza o III Concurso de cartas en lingua galega aos Reis Magos. Os participantes deben depositar as súas cartas, escritas en galego, nas caixas de correo real distribuídas por diferentes lugares do concello antes do vindeiro 29 de decembro.

Fonte: CTNL

A Mesa pola Normalización pide aos grupos parlamentarios que a Lei de caixas introduza unha cláusula de dereitos lingüísticos

A Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse aos tres grupos parlamentarios para proporlles que na nova Lei de caixas, pendente de formulación, se introduza unha cláusula de dereitos lingüísticos.

Fonte: El Progreso

O secretario de Política Lingüística salienta a importancia das estratexias publicitarias en galego para achegarse ao cliente

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, clausurou a XVI edición dos Premios de Publicidade en Galego, concedidos polo Consello Asesor de RTVE-G e CRTVG, e cos que se recoñece o labor das empresas e axencias que promoven a difusión da lingua galega a través do medio publicitario.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo destaca a literatura como un referente para promover o uso do galego na entrega do Premio García Barros

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no acto de entrega do Premio García Barros de novela, que lle foi concedido a Xosé Monteagudo pola obra Un tipo listo. Durante o acto, Anxo Lorenzo destacou a literatura como unha canle importante para levar a cabo a promoción do uso da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder