Galicia

Política Lingüística e Galaxia achegan os nenos ao galego a través dos monicreques e o teatro do programa Bocaberta

O programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística Bocaberta achegará o galego aos nenos e nenas de máis de cincuenta concellos a través dos monicreques e o teatro da Editorial Galaxia.

Fonte: Xunta de Galicia

Novos profesores lectores difundirán a lingua, literatura e cultura galegas desde diversas universidades do mundo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo públicas a adxudicación das oito prazas dos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades españolas e do estranxeiro.

Fonte: Xunta de Galicia

As Festas dos Axóuxeres 2009 despídense en Santiago con dúas sesións

Tras o éxito acadado nas cidades da Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vigo durante este mes de setembro, as Festas dos Axóuxeres 2009 despedíronse na capital galega con dúas sesións, unha pola mañá, ás 12:00 horas, e outra pola tarde, ás 17:30 horas.

Fonte: Xunta de Galicia

Máis de 3.500 persoas gozaron coa lingua e a música das Festas dos Axóuxeres durante este mes de setembro

Música, lingua e moita diversión. Estes foron os principais ingredientes das Festas dos Axóuxeres, que durante as fins de semana deste mes de setembro fixeron gozar máis de 3.500 persoas no seu percorrido por todas as cidades galegas.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística promove un concurso-exposición para dar a coñecer a figura de Novoneyra no eido educativo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca un concurso para promover a elaboración desde a comunidade escolar dunha exposición sobre a obra, época e lingua de Uxío Novoneyra, o autor ao que o próximo ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística na que viviu o escritor courelao.

Fonte: Xunta de Galicia

Os centros de ensino recibirán axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística para dinamizar o uso do galego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, daralles axudas aos centros de ensino para a realización de proxectos que fomenten o uso do galego no ámbito educativo.

Fonte: Xunta de Galicia

Convócase o VI Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego.

Fonte: CTNL

Celébrase a asemblea de presentación da plataforma ProLingua

O pasado sábado 3 de outubro celebrouse a asemblea fundacional da plataforma ProLingua no salón de actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: Vieiros

O galego ocupa o número 22 entre as linguas máis empregadas en Twitter

O galego é unha das linguas máis empregadas en Twitter e aínda que poida parecer sorprendente, está por diante do idioma catalán. É máis: é a primeira lingua non oficial dun estado en aparecer, no posto número 22, co 0,104 % das mensaxes.

Fonte: Vieiros

O PP pide un pleno sobre a cooficialidade do topónimo 'La Coruña'

O grupo municipal do PP no concello da Coruña solicitará a convocatoria dun pleno extraordinario para debater a cooficialidade do topónimo da cidade en castelán e galego, despois de que o grupo de goberno -PSdeG e BNG- rexeitara o debate dunha moción dos 'populares' instando á Xunta a pór en marcha os 'mecanismos lexislativos' correspondentes para a modificación da Lei de normalización lingüística.

Fonte: A Nosa Terra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder