Galicia
O secretario xeral Anxo Lorenzo e o seu homólogo catalán intercambian opinións sobre estratexias para dinamizar a lingua
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recibiu o seu homólogo catalán, Bernat Joan i Marí. Durante o encontro, que tivo lugar na sede da secretaría xeral, en Santiago de Compostela, os dirixentes políticos intercambiaron opinións sobre a liñas de actuación que están a desenvolver para impulsar a dinamización das linguas propias das súas respectivas comunidades.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Ferrol inicia unha campaña para promover a presenza social do galego nos mercados municipais
O Concello de Ferrol iniciou unha campaña para promover a presenza social do idioma galego nos mercados municipais. 'En galego, con moito gusto' é unha proposta do Consello Municipal da Lingua que se executará ata finais do mes de decembro. O obxectivo é dinamizar estes mercados a través da lingua galega.
Fonte: Galiciaé
Ponse en marcha g11.net, un proxecto aberto para dinamizar a tradución ao galego de software libre
O proxecto g11n.net está ideado como unha plataforma que favoreza a localización de software libre ao galego a través da posta en marcha de ferramentas para a comunidade de usuarios e deseñadores de ferramentas de código aberto.
Fonte: Código Cero
O Foro Enrique Peinador celebra na Estrada a xornada Empresa e Identidade
A defensa do «galeguismo empresarial» converteuse no eixe central da xornada Empresa e identidade promovida polo Foro Enrique Peinador co fin de potenciar o uso do idioma galego no mundo dos negocios.
Fonte: La Voz de Galicia
Arzúa, Ames e A Laracha acollen o espectáculo de dinamización da lingua galega dos Encontros dos Axóuxeres
Os Encontros dos Axóuxeres 2009 ofrecen, unha fin de semana máis, o seu espectáculo de música e lingua galega para facer gozar os bebés e as súas familias.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística colabora na recuperación do patrimonio inmaterial galego-portugués coa asociación Ponte... nas Ondas!
A subdirectora de Planificación e Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Cristina Rubal, gabou o traballo a prol da recuperación do patrimonio oral galego-portugués que desenvolve a asociación Ponte... nas Ondas! Fíxoo durante a presentación do III Certame de Recolla da Tradición Oral sobre “Os Tesouros Humanos Vivos”, que se celebrou no Centro Cultural do Porriño (Pontevedra).
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo defende unha política lingüística "responsable" baseada na promoción transversal e integradora do galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, apostou por impulsar unha política lingüística “responsable”, que asente os seus principios fundamentais no fomento transversal e integrador da lingua galega. O responsable deste departamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo estas declaracións nas V Xornadas de Normalización e Dinamización Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia apoia o fomento do galego no ámbito audiovisual na I Xornada Dobraxe e Idioma
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, participaron na inauguración da I Xornada de Dobraxe e Idioma, que organizou a Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia, Apradoga.
Fonte: Xunta de Galicia
A plataforma Queremos Galego expresa a súa disposición a entrevistarse con Feijóo
A plataforma cidadá Queremos Galego remitiulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha misiva para lle manifestar a súa disposición a entrevistarse con el.
Fonte: A Nosa Terra
Política Lingüística completa a colección Aula de galego, unha obra de catro volumes que facilita a aprendizaxe desta lingua
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de financiar a edición dos 5.000 exemplares do Aula de galego 3, un novo volume co que se completa a colección Aula de Galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín