Galicia

Anxo Lorenzo gaba os galardoados cos Premios San Martiño de Normalización polo seu traballo a prol da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, gabou “a capacidade das entidades e persoas galardoadas cos Premios San Martiño de Normalización Lingüística de facer partícipe a cidadanía do fomento da lingua galega”. Fíxoo durante a súa intervención no acto de entrega destes galardóns que concede a Asociación Cultural O Brado, que tivo lugar no Teatro Principal da Estrada.

Fonte: Xunta de Galicia

Vigo celebra unha festa multicultural para dar a coñecer a lingua galega entre a poboación inmigrante

O Concello de Vigo organiza nas prazas do Berbés e do Progreso unha Festa Multicultural que ten o obxectivo de fomentar a integración das persoas que proveñen de diferentes países -e empregan diversas linguas-, á vez que se lles dá a coñecer a existencia do galego.

Fonte: CTNL

Convócase o X Premio Manuel Beiras ao uso do galego nas empresas de Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio convocan o X Premio Manuel Beiras, que ten como finalidade recoñecer o esforzo que realizan as empresas do municipio no proceso de normalización do uso e prestixio da lingua galega.

Fonte: CTNL

Xa está dispoñible un novo episodio das aventuras de Doraemon en lingua galega

Xa está dispoñible en DVD un novo capítulo en galego das aventuras de Doraemon, a exitosa serie de animación infantil protagonizada polo gato cósmico e o seu inseparable amigo Nobita. A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria posibilitou a dobraxe á lingua galega da película Doraemon e o reino de Kibo, que recolle unha historia chea de criaturas fantásticas en defensa da ecoloxía e do medio natural.

Fonte: Xunta de Galicia

O Tribunal Supremo rexeita que os pais poidan escoller o idioma no que estudan os seus fillos

O Tribunal Supremo rexeita que os pais poidan elixir o idioma no que estudan os seus fillos. Este é un dos argumentos que utiliza este órgano xudicial para non admitir o recurso interposto polo pai dun alumno do colexio Los Sauces de Vigo que esixía que o seu fillo recibise as clases integramente en castelán.

Fonte: Faro de Vigo

Un xuíz négalle a unha nai que se traslade a Vigo coas súas fillas por ter que escolarizarse en galego

Unha familia de Vigo denunciou que o xulgado de Alcorcón (Madrid) lle nega a unha nai, que ten agora a custodia das súas fillas, que se traslade a Vigo coas súas nenas menores de idade debido ao "desarraigo" do seu ámbito educativo para verse "escolarizadas en centros públicos con inmersión nun sistema en lingua galega".

Fonte: Europa Press

Política Lingüística fomenta o galego no ámbito da xustiza con novas ferramentas para os profesionais do sector

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou en Santiago de Compostela na inauguración da III Xornada Xustiza e Lingua. Reflexións para a Normalización, onde destacou o importante traballo que se está a facer desde o departamento que dirixe para dotar o ámbito da xustiza de novas ferramentas que faciliten a extensión do galego na actividade diaria deste sector.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León promoven a lingua galega nos centros de ensino das provincias de León e Zamora

Un total de 1.094 alumnos de Castela e León estudan no Bierzo e en Sanabria en diferentes colexios, institutos e na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. Así o constatou a comisión de seguimento do Protocolo de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León para a promoción do galego nos territorios do Bierzo e de Sanabria, que se reuniu na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en Santiago de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

O Consello da Cultura Galega leva ao Parlamento de Galicia unha proposta institucional sobre a lingua galega

O Consello da Cultura Galega deu a coñecer a "Proposta institucional sobre a lingua galega ao Parlamento de Galicia", aprobada polo Plenario desta institución.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Máis de 1.200 persoas presentáronse ás probas para obter o Certificado de lingua galega durante a pasada fin de semana

Un total 1.276 persoas realizaron a pasada fin de semana as probas que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística para obter o Celga, o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder