Galicia
Os voluntarios do Ano Santo estudarán galego
Unha trintena de novos voluntarios de 19 países da Unión Europea colaborarán con voluntarios locais para acoller e informar os peregrinos que fagan o Camiño francés a Compostela o próximo Xacobeo, para o que recibirán previamente formación sobre a lingua galega.
Fonte: Galicia Hoxe
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que os galegofalantes teñen "un trato de segunda" na Administración de Xustiza
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que os falantes de galego teñen "un trato de cidadáns de segunda" na Administración de Xustiza, que para o seu presidente, Carlos Callón, "non só está formalmente desgaleguizada, senón que vulnera a lexislación".
Fonte: Europa Press
A Real Academia Galega cambiará cinco termos na reedición do seu dicionario para facelo respectuoso co colectivo homosexual
A Real Academia Galega e o colectivo de lesbianas, gays, bisexuais e transexuais de Galicia Colega chegaron a un acordo para modificar o significado de cinco termos na reedición do dicionario oficial de galego, co obxectivo de facelo "respectuoso" co colectivo homosexual.
Fonte: Qué!
Cada vez son máis os empresarios que deciden etiquetar e presentar os seus produtos en lingua galega
Cada vez son máis os empresarios que deciden etiquetar e presentar os seus produtos en lingua galega. Algúns lévano facendo dende o inicio da súa actividade e outros dende hai uns meses. Dado o primeiro paso, algunhas destas empresas viven agora inmersas nunha segunda fase igual de importante: a galeguización da comunicación interna.
Fonte: A Nosa Terra
A Consellería de Educación presenta os proxectos gañadores dos premios de innovación en normalización lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, presentaron en rolda de prensa os proxectos gañadores dos premios de innovación en normalización lingüística, que convocan estes dous departamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
Vigo aproba unha moción para incluír a lingua de signos española nos centros educativos
O Concello de Vigo aprobou por unanimidade unha moción para incorporar a lingua de signos española aos centros escolares como se recolle na lei estatal de 2007, que o recoñece como idioma oficial.
Fonte: Diario Signo
Política Lingüística edita en DVD o programa televisivo ‘Ben falado!’, que busca achegar a lingua galega á sociedade
O DVD ‘Ben falado!’ estará dispoñible o próximo luns día 21 de decembro nas principais librerías da comunidade galega. Trátase dunha antoloxía de oitenta e dous capítulos deste microespazo divulgativo sobre a lingua galega que vén de emitir a Televisión de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo recorda o labor a prol de recuperación da lingua e a cultura galegas no século XX nunha exposición sobre Cabanillas
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, asistiron á inauguración da exposición Ramón Cabanillas. A Roseira dos recordos, que percorre a figura e a obra do poeta de Cambados no ano no que se cumpriron cincuenta anos da súa morte.
Fonte: Xunta de Galicia
A plataforma Queremos Galego envíalle a Feijóo postais de Nadal para que "reflexione" nas festas sobre a situación do galego
A plataforma Queremos Galego realizou un envío masivo de tarxetas postais para o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para pedirlle que "empregue as vacacións de Nadal" para "reflexionar sobre a situación" do galego.
Fonte: 20minutos
Anxo Lorenzo incide en Ecolingua na importancia de acadar un consenso social e político arredor do galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu na importancia de acadar un consenso político e social arredor do galego durante a súa intervención no Simposio Internacional Ecolingua 2009, no que participou nunha mesa redonda sobre lingua e institucións.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín