Galicia

Ponse en marcha g11.net, un proxecto aberto para dinamizar a tradución ao galego de software libre

O proxecto g11n.net está ideado como unha plataforma que favoreza a localización de software libre ao galego a través da posta en marcha de ferramentas para a comunidade de usuarios e deseñadores de ferramentas de código aberto.

Fonte: Código Cero

O Foro Enrique Peinador celebra na Estrada a xornada Empresa e Identidade

A defensa do «galeguismo empresarial» converteuse no eixe central da xornada Empresa e identidade promovida polo Foro Enrique Peinador co fin de potenciar o uso do idioma galego no mundo dos negocios.

Fonte: La Voz de Galicia

Arzúa, Ames e A Laracha acollen o espectáculo de dinamización da lingua galega dos Encontros dos Axóuxeres

Os Encontros dos Axóuxeres 2009 ofrecen, unha fin de semana máis, o seu espectáculo de música e lingua galega para facer gozar os bebés e as súas familias.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística colabora na recuperación do patrimonio inmaterial galego-portugués coa asociación Ponte... nas Ondas!

A subdirectora de Planificación e Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Cristina Rubal, gabou o traballo a prol da recuperación do patrimonio oral galego-portugués que desenvolve a asociación Ponte... nas Ondas! Fíxoo durante a presentación do III Certame de Recolla da Tradición Oral sobre “Os Tesouros Humanos Vivos”, que se celebrou no Centro Cultural do Porriño (Pontevedra).

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo defende unha política lingüística "responsable" baseada na promoción transversal e integradora do galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, apostou por impulsar unha política lingüística “responsable”, que asente os seus principios fundamentais no fomento transversal e integrador da lingua galega. O responsable deste departamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo estas declaracións nas V Xornadas de Normalización e Dinamización Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia apoia o fomento do galego no ámbito audiovisual na I Xornada Dobraxe e Idioma

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, participaron na inauguración da I Xornada de Dobraxe e Idioma, que organizou a Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia, Apradoga.

Fonte: Xunta de Galicia

A plataforma Queremos Galego expresa a súa disposición a entrevistarse con Feijóo

A plataforma cidadá Queremos Galego remitiulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha misiva para lle manifestar a súa disposición a entrevistarse con el.

Fonte: A Nosa Terra

Política Lingüística completa a colección Aula de galego, unha obra de catro volumes que facilita a aprendizaxe desta lingua

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de financiar a edición dos 5.000 exemplares do Aula de galego 3, un novo volume co que se completa a colección Aula de Galego.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo afirma que existe un sentimento maioritario de apoio ao galego que se debe potenciar e converter nun uso activo

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, manifestou que “existe unha relación de afectividade co galego que é maioritaria e desde as administracións deberase coidar que non se perda, senón que se potencie e que se converta nun uso activo”.

Fonte: Xunta de Galicia

Un total de 2.500 persoas están matriculadas para realizar as probas da convocatoria de novembro do Certificado de lingua galega

Preto de 2.500 persoas optan a conseguir o Certificado de lingua galega, segundo as listaxes de matriculados nas probas Celga que se realizarán nas cidades galegas e en distintos puntos de fóra da comunidade a finais deste mes de novembro.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder