Galicia

A plataforma Queremos Galego reúne en Santiago a miles de persoas en defensa da lingua galega

A praza da Quintana, en Santiago, quedou pequena para acoller a todos os que responderon á chamada da plataforma Queremos Galego para esixirlle ao Goberno da Xunta que non derrogue o decreto do galego, que garante o 50% do ensino en galego; e para reclamar que cumpra a lexislación vixente, como o artigo 5 do Estatuto de Autonomía, onde se di que o Goberno galego defenderá o idioma.

Fonte: La Voz de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia avoga por educar no "trilingüismo"

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avogou por educar no "trilingüismo" para que a mocidade galega "sexa capaz de expresarse en galego, en castelán e en inglés".

Fonte: Europa Press

A última entrega de Shin Chan ponse á venda en galego grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

O último título en galego de Shin Chan, a serie de animación infantil que protagoniza o rebuldeiro Shinnosuke, está á venda nas principais cadeas comerciais de Galicia. Grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, os nenos e nenas galegos poderán gozar dunha nova aventura da familia Nohara en galego, lingua na que se popularizou esta exitosa serie infantil na comunidade.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo convida o portavoz da plataforma ‘Queremos Galego’ a debater as accións da Xunta en materia de política lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, convidou o portavoz da plataforma ‘Queremos Galego’, Francisco Rei, a exporlle en persoa as súas inquedanzas sobre a promoción e protección da lingua galega que está a facer a Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería galega de Educación promove Chinesecom, un curso de chinés multimedia para mellorar a competitividade das empresas

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema, inaugurou o seminario no que se presentou o proxecto “CHINESECOM: Aprendendo linguas para unha sociedade global”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Coordinadora de Técnicos de Normalización destaca a obrigación dos concellos de fomentar a normalización lingüística

O presidente da Coordinadora de Traballadores da Normalización da Lingua (CTNL), Nel Vidal, lembrou a obrigación que teñen os concellos de fomentar o proceso de normalización lingüística dentro da sociedade.

Fonte: Europa Press

O fomento da lingua galega nas empresas centra o discurso de Anxo Lorenzo na xornada Empresa e Identidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou a necesidade de “aplicar iniciativas que permitan que as empresas poidan desenvolver a súa actividade na lingua propia de Galicia, vínculo de unión entre todos os galegos e galegas”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Coruña rexeita modificar a lei para recoller a cooficialidade do topónimo

O Pleno do Concello da Coruña rexeitou a iniciativa presentada polo Partido Popular de Galicia (PPdeG) para instar a Xunta a presentar unha disposición adicional que recolla a cooficialidade do topónimo da cidade nas súas formas castelá e galega.

Fonte: ADN

O secretario xeral Anxo Lorenzo e o seu homólogo catalán intercambian opinións sobre estratexias para dinamizar a lingua

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recibiu o seu homólogo catalán, Bernat Joan i Marí. Durante o encontro, que tivo lugar na sede da secretaría xeral, en Santiago de Compostela, os dirixentes políticos intercambiaron opinións sobre a liñas de actuación que están a desenvolver para impulsar a dinamización das linguas propias das súas respectivas comunidades.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Ferrol inicia unha campaña para promover a presenza social do galego nos mercados municipais

O Concello de Ferrol iniciou unha campaña para promover a presenza social do idioma galego nos mercados municipais. 'En galego, con moito gusto' é unha proposta do Consello Municipal da Lingua que se executará ata finais do mes de decembro. O obxectivo é dinamizar estes mercados a través da lingua galega.

Fonte: Galiciaé

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder