Galicia

Arrancan na Coruña as Festas dos Axóuxeres cunha excelente acollida

Música, lingua e moita diversión. Estes son os principais ingredientes das Festas dos Axóuxeres, que o pasado sábado arrancaron cunha excelente acollida na cidade da Coruña, onde fixeron gozar os máis pequenos da casa a través da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Todas as capitanías marítimas de Galicia incorporan o galego tras a denuncia de Burela

Tres funcionarios da Capitanía Marítima de Burela denunciaron a finais do ano pasado acoso laboral por expresarse en galego. Tras investigar a presunta discriminación lingüística en Burela, a Dirección Xeral de Mariña Mercante ordenou adaptar impresos, cartelería e bandeiras de todas as capitanías marítimas de Galicia ás normas oficiais que sitúan en igualdade de condicións o galego e o castelán.

Fonte: La Voz de Galicia

O PPdeG "respecta" a Real Academia Galega pero apoia a política lingüística de Feijóo como "acertada para volver ao consenso"

O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, asegurou aceptar "con respecto" as declaracións realizadas polo presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, sobre a situación idiomática en Galicia, pero apoiou a política lingüística impulsada pola nova Xunta e recalcou que é a "acertada" para "volver ao consenso".

Fonte: Europa Press

A Consellería de Educación premiará os mellores proxectos de innovación en materia de normalización lingüística deste curso

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, veñen de convocar os premios de innovación en materia de normalización lingüística, dirixidos aos centros de titularidade desta consellería que desenvolvan os proxectos presentados durante o curso académico 2009-2010.

Fonte: Xunta de Galicia

Tres profesoras impulsan un método de aprendizaxe de galego para infantil e primaria

Tres profesoras de Carballo, A Coruña e Vimianzo impulsaron, xunto á editorial Glía, o proxecto 'Colega' de comprensión e lectoescritura en galego, un método de aprendizaxe destinado a nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria, ante a ausencia de materiais didácticos no devandito idioma.

Fonte: Europa Press

Política Lingüística e a Universidade de Vigo colaboran para impulsar iniciativas que fomenten a lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e mais a Universidade de Vigo veñen de asinar un convenio de colaboración que ten como obxectivo principal desenvolver iniciativas que promovan a presenza do galego no ámbito universitario.

Fonte: Xunta de Galicia

O Museo de Pontevedra acolle as primeiras xornadas sobre sistemas educativos en dúas linguas

A Deputación de Pontevedra organiza en colaboración coa plataforma Galicia Bilingüe as primeiras xornadas bilingües, as cales se desenvolverán este venres e sábado no Museo da cidade.

Fonte: La Voz de Galicia

As Festas dos Axóuxeres levan o seu espectáculo de música e lingua para bebés ata as cidades de Ourense e Lugo

Música, lingua e moita diversión. Estes son os principais ingredientes das Festas dos Axóuxeres que, durante a fin de semana pasada, percorreron as cidades de Ourense e Lugo para facer gozar os máis pequenos da casa a través da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

A sección "Volta á escola" da web dos equipos de normalización e dinamización inclúe novos recursos para promover o galego

Coincidindo co inicio do curso escolar, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de incorporar á web dos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) novos contidos de interese para os centros.

Fonte: Xunta de Galicia

O Consello da Cultura Galega presentou un seminario e unhas xornadas que xirarán en torno á cuestión lingüística

Un seminario sobre “Lingua, sociedade e política en Galicia”, que se desenvolverá entre decembro de 2009 e xuño de 2010, e unhas xornadas sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, en febreiro de 2010, serán as contribucións que a respecto da cuestión lingüística ofrecerá nos vindeiros meses o Consello da Cultura Galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder