Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística cualifica de «precaria» a situación do galego na escola

A Mesa pola Normalización Lingüística cualificou de «precaria» a situación do galego na escola despois de denunciar que varios colexios de Galicia «non cumpren coa legalidade vixente» e non imparten a metade das materias en galego.

Fonte: La Voz de Galicia

A Festa dos Axóuxeres recala nas cidades de Pontevedra e Vigo co seu espectáculo de música e lingua para bebés

Música, lingua e moita diversión. Estes son os principais ingredientes da Festa dos Axóuxeres que, a pasada fin de semana, percorreron as cidades de Pontevedra e Vigo para facer gozar os máis pequenos da casa a través da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística dálles un novo pulo aos centros de estudos galegos nas universidades de fóra de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística aposta por promover o ensino da lingua e da cultura galegas en distintas universidades do mundo mediante a renovación de convenios de colaboración que permiten dispor dunha rede de lectorados no exterior.

Fonte: Xunta de Galicia

Varias entidades convocan para o 18 de outubro unha manifestación en defensa do galego

A plataforma Queremos Galego, integrada pola Mesa pola Normalización Lingüística e outras entidades, anunciou a convocatoria dunha nova manifestación o domingo 18 de outubro en defensa do idioma galego.

Fonte: La Voz de Galicia

Critican a falta de intérpretes durante a celebración en Vigo da World Fishing Exhibition

A falta de tradutores e interpretes proporcionados por parte da organización da feira provocou malos entendidos e que se perdesen acordos e se deixasen de facer contactos. Converteuse así no principal problema do encontro internacional, que reuniu a persoas de 112 países diferentes.

Fonte: Faro de Vigo

A Real Academia Galega reclama que o Xacobeo transmita "o idioma propio"

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, reclamoulle ao conselleiro de Cultura, Roberto Varela, unha presenza significativa da lingua galega no marco do Xacobeo 2010, co obxectivo de que os "millóns de visitantes" que se achegarán a Galicia ao longo do Ano Santo "se decaten de que aquí hai un idioma propio".

Fonte: Xornal

O BNG reclámalle á Xunta que garanta o uso de software en galego

O BNG fixo unha chamada a impulsar o uso de software en galego, ou o que é o mesmo, do equipamento ou soporte lóxico dun ordenador.

Fonte: La Voz de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística protesta contra a negativa da conselleira de Sanidade a contestar en galego na TVG

A Mesa pola Normalización Lingüística realizou un acto simbólico de protesta pola "negativa" da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, a responder en galego nunha entrevista para a Televisión de Galicia (TVG) emitida o pasado 21 de setembro.

Fonte: El Progreso

Política Lingüística e Galaxia achegan os nenos ao galego a través dos monicreques e o teatro do programa Bocaberta

O programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística Bocaberta achegará o galego aos nenos e nenas de máis de cincuenta concellos a través dos monicreques e o teatro da Editorial Galaxia.

Fonte: Xunta de Galicia

Novos profesores lectores difundirán a lingua, literatura e cultura galegas desde diversas universidades do mundo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo públicas a adxudicación das oito prazas dos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades españolas e do estranxeiro.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder