Galicia

A Plataforma Queremos Galego convoca unha folga xeral na educación en contra das bases do decreto do galego

As reformas que está a promover o Goberno do Partido Popular en materia lingüística están encontrando unha forte resistencia entre a sociedade civil galega. O xoves 21 de xaneiro chamaron a comunidade educativa galega a paralizar toda a rede de educación en contra dos plans do Goberno de Feijoó.

Fonte: Tercera Información

A Consellería de Educación inicia a rolda de contactos para recoller achegas á súa proposta de decreto do galego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abriu o pasado luns día 18 de xaneiro o trámite de audiencia cos grupos políticos, sindicatos, ANPA e diferentes organismos para recoller achegas e presentar a súa proposta de decreto sobre o galego no ensino.

Fonte: Atlántico

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza a campaña “A nosa compra, en galego”

"A nosa compra en galego" pretende promover entre os/as usuarios/as e os/as comerciantes dos mercados o uso da lingua galega achegando o léxico galego dos produtos que normalmente están á venda nun mercado.

Fonte: SNL da Coruña

Miles de persoas maniféstanse en Santiago de Compostela contra a proposta de decreto do galego

Unhas 30.000 persoas, segundo estimou a Policía Municipal -50.000 segundo a organización-, entre docentes e estudantes, saíron o xoves 21 de xaneiro da Alameda de Santiago convocados pola plataforma 'Queremos Galego' para protestar contra a proposta de decreto do idioma no ensino da Xunta, que establece unha repartición das materias en tres terzos entre o castelán, o galego e unha lingua estranxeira.

Fonte: Europa Press

O ámbito económico será en 2010 un dos sectores prioritarios de Política Lingüística na súa actividade de fomento do galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu na “necesidade de impulsar medidas de fomento do uso do galego no ámbito económico, por tratarse dun sector estratéxico prioritario para a cidadanía galega”.

Fonte: Xunta de Galicia

Investigadores da Universidade de Santiago crean un corpus informatizado da historia do galego desde a época medieval

Un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) recompilou a historia da lingua galega desde os seus inicios nun corpus informatizado, como parte do proxecto Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega.

Fonte: Europa Press

Nace na rede EuFalo.tv, un documental colaborativo sobre a lingua galega e os falantes

Un novo espazo acaba de aparecer na rede, Eufalo.TV, un proxecto de documental colaborativo sobre a lingua galega, dende o punto de vista dos/as falantes.

Fonte: CTNL

Os centros educativos poderán solicitar as axudas de Política Lingüística para fomentar o uso do galego ata o vindeiro luns

O prazo de solicitude das axudas de Política Lingüística para fomentar o galego no sistema educativo permanecerá aberto ata o vindeiro luns día 1 de febreiro, polo que os centros de ensino aínda poden presentar os seus proxectos nos próximos días.

Fonte: Xunta de Galicia

A plataforma ProLingua presentará o 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.

Fonte: CTNL

Política Lingüística colabora na incorporación do galego á actividade empresarial do transporte público

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria segue a promover a incorporación do galego á actividade empresarial. O departamento que dirixe Anxo Lorenzo, en colaboración coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, vén de impulsar a incorporación da lingua galega á actividade de Travibus Noroeste S.A., unha das empresas máis importantes do transporte público en Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder