Galicia
Máis de 260 médicos esíxenlle á Consellería de Sanidade que emita os impresos tamén en castelán
Máis de 260 profesionais sanitarios, na súa maioría da provincia de Pontevedra, esíxenlle á Consellería de Sanidade que facilite os impresos, folletos e escritos que manexan centros de saúde e pacientes tamén en castelán.
Fonte: Faro de Vigo
Anxo Lorenzo reúnese cos profesores lectores de galego nunhas xornadas de formación organizadas por Política Lingüística
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organiza unhas xornadas de formación dirixidas aos profesores lectores que imparten lingua e literatura galegas en diversas universidades de Europa e América.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística impulsa a formación dos profesores lectores de galego e a coordinación do seu labor
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a centrar o seu labor respecto dos profesores lectores de galego en mellorar o seu proceso de formación e mais a coordinación do seu traballo.
Fonte: Xunta de Galicia
Un estudo indica que case a cuarta parte das empresas de Galicia nunca utiliza o galego nas súas comunicacións
Un estudo do Instituto Galego de Estatística pon de manifesto que un 23,9 por cento destas empresas non usa "nunca ou case nunca" o galego nas súas comunicacións orais, unha porcentaxe que alcanza o 61,6 por cento nas comunicacións escritas.
Fonte: Galicia Hoxe
A CRTVG defende a "interesante liña experimental" de emitir programas en inglés
Na súa comparecencia en comisión parlamentaria, o director da CRTVG, Sánchez Izquierdo, afirmou que a decisión de emitir en inglés, con subtítulos, certos programas dirixidos ao público infantil e xuvenil axudará á "normalización e a potenciación" do uso do galego por parte dos nenos.
Fonte: ABC
Política Lingüística dálle un novo impulso á dinamización do galego no ámbito local coa colaboración da Fegamp
Cun total de 602.662 euros a Secretaría Xeral de Política Lingüística financia a creación e mantemento dos servizos lingüísticos municipais, os departamentos técnicos encargados da planificación e xestión de actuacións destinadas a incrementar o uso da lingua galega na actividade dos concellos e no seu espazo social.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Educación edita unha guía para facilitarlle ao profesorado o ensino bilingüe
A Consellería de Educación enviaralles aos centros educativos nos próximos días o libro CLIL: integrando linguas a través do currículo, editado co obxectivo de axudar á implantación do modelo de traballo en seccións bilingües CLIL (Content and Language Integrated Learning, Estudo integrado de contidos e linguas), que lles permite aos docentes dispor dunha ferramenta de traballo útil para os ensinos bilingües.
Fonte: El Progreso
A web da Universidade de Vigo explica en lingua de signos como matricularse por internet
A Universidade de Vigo estreou este curso a matrícula a través de internet e os alumnos xordos tiveron as mesmas posibilidades que os seus compañeiros grazas á iniciativa do grupo de investigación de linguas signadas, a canle U-Vigo-TV e as empresas Telkek Video Research y Hacce Soluciones.
Fonte: Faro de Vigo
Anxo Lorenzo destaca o equilibrio e a garantía plena de competencias lingüísticas nun marco trilingüe do novo decreto
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, lembrou que as bases para a elaboración do Decreto do plurilingüismo no sistema educativo non universitario permiten que as familias galegas participen por primeira vez de forma activa no desenvolvemento dun ensino de calidade en Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Preto de 1.000 persoas obtiveron o Certificado de lingua galega na última convocatoria das probas
Un total de 928 persoas conseguiron o Certificado de lingua galega nalgún dos catro niveis na última convocatoria das probas que convocou a Secretaría Xeral de Política Lingüística os pasados meses de outubro e novembro.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín