Galicia
Prolingua, unha das plataformas a prol da lingua, estrea páxina web
Unha das plataformas en defensa da lingua galega que agromaron dende o cambio de goberno da Xunta de Galicia, Prolingua, puxo a disposición dos internautas a súa páxina web.
Fonte: Xornal.com
Lánzase GalegoApp, unha nova ferramenta para o iPhone que posibilita a consulta de termos en lingua galega
As persoas usuarias do iPhone xa poden consultar e acceder, a través de diferentes métodos de procura, a todos os termos do dicionario da Real Academia Galega, así como ás súas definicións, sinónimos e antónimos, grazas a esta aplicación.
Fonte: CEG
A Galipedia acada os 50.000 artigos
Un total de 50.000 artigos é a cifra de entradas que acadou a Galipedia, a versión galega da Wikipedia, o pasado 23 de xullo. Esta ferramenta de difusión cultural en galego alcanzou dende o seu nacemento, en marzo de 2003, unha serie de marcas que demostran o pulo que adquiriu nos últimos seis anos e a súa potencialidade de cara ao futuro.
Fonte: Xornal.com
O PP coruñés quéixase pola escaseza de folletos en castelán para os turistas
O Grupo Municipal do PP no Concello da Coruña acusou o goberno municipal bipartito de “descoidar” a proxección turística da cidade e de mostrar “escasa sensibilidade” cara aos turistas que a visitan por non ofrecerlles máis folletos en castelán.
Fonte: Xornal.com
O ex-presidente Albor aposta por "chegar a un consenso" no uso do idioma e cre "bo" que os pais opinen
O que fora primeiro presidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor, aposta por "chegar a un consenso" no uso do idioma na educación, ao tempo que considera "bo" que os pais opinen na recente enquisa promovida polo Departamento de Educación.
Fonte: Europa Press
O PSOE leva ao Parlamento de Galicia medidas a prol do galego
O PSdeG proporá ao Parlamento medidas de promoción do galego para "tomar a temperatura do PP" respecto á cuestión lingüística, segundo anunciou o seu portavoz parlamentario na materia, Francisco Cerviño.
Fonte: El País
Un total de 23 nenos entrará en contacto coa natureza galega a través dunha granxa escola de inmersión lingüística
Segundo a concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Santiago, Guadalupe Rodríguez, o principal obxectivo do campamento é "axudar" á "conciliación" da vida laboral e familiar, aínda que tamén se pretenderá a "inmersión lingüística" dos nenos co obxectivo de que "falen galego" precisamente nun medio "próximo á natureza".
Fonte: Europa Press
Celébranse na Coruña as Xornadas de Manga xaponés co obxectivo de fomentar o uso do galego
O Fórum Metropolitano da Coruña acolle as II Xornadas de Mangalego co obxectivo de promover a participación da xuventude e achegar o idioma galego ás novas xeracións a través de series e películas manga.
Fonte: Galicia Hoxe
Especialistas alertan da "crispación política" en relación coa lingua galega
Os especialistas galegos da plataforma empresarial IRI para o multilingüismo -formada por tres empresas que pretenden potenciar a normalización das linguas cooficiais no sector empresarial galego, vasco e catalán- alertaron de que a actual "crispación política" en Galicia sobre o idioma e a "falta de axudas" desde a Administración, provocan "impedimentos" para o impulso do galego nas empresas como "factor diferencial" de cara ao público.
Fonte: Europa Press
As Xornadas de Historia de Pontevedra afondan na importancia do galego no medievo
"Galicia Medieval: reino e lingua" é o título destas xornadas que teñen como obxectivo dar a coñecer a todos os interesados unha época histórica de grande importancia.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín