Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística impulsa a creación dunha plataforma social en defensa do galego
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de facer unha convocatoria aberta a todas as entidades que teñan interese en formar parte dunha plataforma social en defensa do galego.
Fonte: Vieiros
Unha comisión cidadá promove un manifesto a prol do idioma galego
Unha comisión cidadá está a promover un manifesto a prol do idioma galego, e ao mesmo tempo quere constituírse en grupo promotor para elaborar e presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa lexislativa popular en relación coa oficialidade da lingua galega.
Fonte: A Nosa Terra
Máis de cen estudantes achegaranse á lingua e cultura galegas a través de cursos de verán para estranxeiros
A facultade de Filosofía de Santiago de Compostela acolleu o acto de apertura dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros e Españois de fóra de Galicia, nos que este ano participarán máis de cen estudantes procedentes de vinte e oito estados.
Fonte: Xunta de Galicia
As tres universidades galegas únense para fomentar o uso do galego no ensino
As tres universidades galegas enviaron un comunicado no que informaban da constitución dunha Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística “que nace co compromiso do fomento do uso da lingua galega no espazo de educación superior”.
Fonte: Xornal
PP, PSOE e BNG acordan na Fegamp darlle un impulso ao galego nos concellos
A Federación Galega de Municipios e Provincias e o colectivo Galeguizar Galicia acadan o consenso a prol de iniciativas concretas de normalización lingüística a nivel local.
Fonte: Vieiros
O secretario xeral de Política Lingüística anuncia o proxecto de creación dunha rede de dinamización lingüística a nivel local
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, reuníronse na cidade do Lérez para renovar o compromiso de colaboración entre ambas as institucións no fomento do uso do galego, tanto a nivel das corporacións locais como da mesma Deputación. Durante a visita, Lorenzo informou a Louzán sobre o proxecto de creación dunha rede de dinamización lingüística local, impulsada por Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A exposición "As nosas palabras, os nosos mundos" reivindica Ourense como berce dos dinamizadores da lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística inaugurou o martes 7 de xullo no Centro Cultural da Deputación de Ourense a exposición itinerante “As nosas palabras, os nosos mundos”, que permanecerá aberta ata o próximo día 19.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia recibe a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, mantiveron un encontro con membros da Asociación Berciana da Lingua Xarmenta, entre os cales estiveron o seu presidente, Manuel Mañá, e o seu secretario, Rafael Adán.
Fonte: Xunta de Galicia
Apróbase o convenio entre a Consellería de Educación e a fundación Preescolar na Casa para a promoción do galego
O Consello da Xunta aprobou o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Preescolar na Casa para a promoción da cultura e da lingua galegas. Grazas ao convenio, a Consellería financiará este programa con 180.000 euros a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia renova o seu compromiso co impulso ao proceso de normalización lingüística dentro do ámbito local
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, afirmou no acto conmemorativo do 25º aniversario da ‘Declaración do Hostal’ que “unha das apostas da Consellería para esta lexislatura é a creación da primeira rede de dinamización lingüística local”.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín