Galicia
A CIG recorre ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para paralizar a consulta escolar sobre os idiomas
O sindicato nacionalista CIG presentou dúas denuncias contra a Consellería de Educación co fin de paralizar, aínda que sexa cautelarmente, a realización da consulta aos pais sobre o idioma, galego ou castelán, no que prefiren que estuden os seus fillos.
Fonte: Faro de Vigo
Política Lingüística vén de poñer en marcha dous novos recursos na rede para a promoción da lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de poñer en marcha dous novos recursos na rede. Trátase do espazo www.xogaconfervello.com e mais dunha web desde a que se difunden experiencias dinamizadoras de carácter transversal levadas a cabo polos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino non universitario.
Fonte: Xunta de Galicia
Feijóo subliña a vontade de enviarlle á Real Academia Galega o decreto do galego antes de que se aprobe
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou de "cordiais" as relacións do Executivo galego coa Real Academia Galega (RAG) e remarcou o seu compromiso de trasladarlle á institución académica o decreto do galego antes da súa aprobación definitiva este ano.
Fonte: Europa Press
Política Lingüística súmase ao programa de voluntariado lingüístico para achegar a lingua e a cultura galegas aos Erasmus
A Secretaría Xeral de Política Lingüística sumouse, por primeira vez, ao Voluntariado Lingüístico Galego, en calidade de entidade asociada. O programa, que se desenvolverá o vindeiro curso académico, consiste nun proxecto que promove a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, para fomentar a aprendizaxe da lingua e da cultura galegas entre os estudantes con bolsas Erasmus na comunidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Segundo o CIS, máis do 50 % da poboación de Galicia ten o galego como lingua materna
O 50,3 por cento da poboación de Galicia ten como lingua materna o galego e o 24,2 por cento, o galego e o castelán, segundo o estudo postelectoral realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).
Fonte: A Nosa Terra
Preséntase en Santiago de Compostela o Premio Produto Gráfico Galego
O conselleiro de Cultura e Turismo, D. Roberto Varela Fariña, inaugura o mércores 24 de xuño ás 12.00 o acto de presentación da I edición do Premio do Produto Gráfico Galego.
Anxo Lorenzo afirma que desenvolverá unha política lingüística dirixida á ampla maioría de galegos e galegas
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou que desenvolverá “unha política lingüística dirixida á ampla maioría de galegos e galegas” que queren vivir nunha sociedade bilingüe que promova activamente a lingua galega. Anxo Lorenzo fixo estas declaracións nun acto público no que el e mais o presidente da Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental, José Manuel Bello Rey, asinaron un convenio de colaboración entre ambas as entidades para promover o uso da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
A Irmandade Xurídica Galega celebrou o acto de imposición de togas de galeguidade aos novos membros da entidade
A Irmandade Xurídica Galega, unha asociación de funcionarios para a normalización lingüística de Galicia, celebrou o acto de imposición de togas de galeguidade aos novos membros da entidade, un catedrático, catro maxistrados e tres avogados.
Fonte: La Voz de Galicia
O BNG remitiralle á Unesco un informe sobre a situación do galego
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anunciou que remitirá un informe á Unesco e á UE para denunciar «que o PP está vulnerando a Carta Europea das Linguas».
Fonte: La Voz de Galicia
Xa está nas librerías ‘Aula de galego 2’, un novo manual que edita Política Lingüística para facilitar a aprendizaxe do galego
A Secretaría Xeral de Política Lingüística financiou a edición dos 5.000 exemplares do manual Aula de galego 2, unha obra que lles servirá de ferramenta de traballo aos profesores que impartan o Celga 2 –segundo nivel do sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas– e mais aos lectores dos centros de estudos galegos no exterior.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín