Galicia

A Consellería de Educación comeza a campaña "O mundo en galego"

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, inicia a campaña O mundo en galego, coa que busca facer chegar aos nenos a cultura, a historia e os costumes doutros lugares a través de libros en galego.

Fonte: Galicia Hoxe

Os especialistas médicos non terán a obriga de coñecer o galego

Haberá casos en que o coñecemento da lingua galega non sexa un requirimento obrigado, feito que xustifican dende a Consellería de Facenda polo feito de que "non se poden perder bos profesionais da medicina por esta circunstancia", e poñen como exemplo a carencia na sanidade pública de médicos especialistas.

Fonte: A Nosa Terra

Publícase o primeiro dicionario francés-galego

Este dicionario, editado por Xerais, contén máis de 25 mil entradas de léxico, e trátase do primeiro que recolle as correspondencias entre o francés e o galego.

Fonte: Vieiros

A Xunta desoe os sindicatos e mantén como non obrigatoria a proba en galego ao opositar

A Dirección Xeral de Función Pública mantén o seu compromiso de suprimir a obrigatoriedade de realizar unha proba en galego nas oposicións da Administración, pese ao rexeitamento sindical, practicamente unánime.

Fonte: La Voz de Galicia

Anxo Lorenzo realiza a primeira visita institucional á Real Academia Galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou a sede da Real Academia Galega, situada na Coruña, da man do presidente da institución, Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Fonte: Xunta de Galicia

Preséntase a revista electrónica Estudos de Lingüística Galega

O Instituto da Lingua Galega vén de publicar na rede a súa revista Estudos de Lingüística Galega, co obxectivo de servir de espazo de debate e intercambio científico sobre a norma idiomática e, ao tempo, servir de análise crítica e difusión da investigación lingüística.

Fonte: CTNL

O número de queixas dirixidas ao Valedor do Pobo sobre a lingua seguiu a ser moi reducido en 2008

Pese a ser o 2008 o ano de maior polémica en torno á suposta imposición do galego nas aulas, o informe do Valedor do Pobo non detecta un aumento significativo das queixas presentadas polos cidadáns en relación coa lingua.

Fonte: A Nosa Terra

O secretario xeral de Política Lingüística aposta pola creación de redes que multipliquen a efectividade do fomento do galego

O secretario xeral de Política Lingüística entrevistouse cos responsables da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que agrupa os profesionais dos servizos lingüísticos.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta garantirá a libre elección de idioma nas oposicións

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a reforma da Lei de función pública que garantirá a libre elección de idioma aos opositores, pese ao desacordo de tres dos catro sindicatos con representación na Administración pública.

Fonte: Europa Press

Feijóo rexeita segregar alumnos por lingua, pero a opinión familiar será vinculante se casa con recursos e pautas pedagóxicas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeita segregar os alumnos por lingua, aínda que recoñece que cando se abre "un debate" hai que manexar "todas as posibilidades". Por iso, asegura que a opinión das familias será "vinculante" pero deberá "casar" coas pautas pedagóxicas e os recursos económicos "dispoñibles" nos servizos educativos da Administración.

Fonte: Europa Press

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder