Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle ao conselleiro de Cultura que garanta o uso do galego no sector turístico
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, pediulle ao conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que poña en marcha políticas para "garantir o dereito a poder vivir en galego" no sector turístico e que se "implique" no ámbito editorial.
Fonte: Europa Press
A CIG-Ensino presenta unha reclamación na Xunta para pedir a paralización da consulta aos pais polo idioma
O sindicato CIG-Ensino presentou unha reclamación por vía administrativa no Rexistro Xeral da Xunta na que insta o Executivo autonómico a paralizar o proceso de consulta aos pais sobre o uso do idioma nas aulas.
Fonte: Europa Press
A Coordinadora de Equipos de Normalización crea un tríptico para informar de que "o galego ten que ser lingua de aprendizaxe"
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística fixo público un tríptico para as familias dos estudantes no que deixan claro con "datos rigorosos e estudos científicos" que "o galego ten que ser tamén lingua de aprendizaxe".
Fonte: Galicia Hoxe
O Foro Peinador dálle pulo á galeguización empresarial
Oito novas empresas asinarán o vindeiro día 24 de xuño o convenio para iniciaren un proceso de galeguización das súas actividades: negociación colectiva, nóminas e contratos, rotulación, publicidade, páxina web etcétera.
Fonte: La Voz de Galicia
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria defende a plena legalidade da consulta aos pais sobre o uso da lingua
Ante o recurso presentado polo sindicato CIG-Ensino no rexistro xeral da Xunta pedindo a paralización da consulta ás familias sobre o idioma no ensino, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria quere defender a plena legalidade deste proceso que está amparado polos servizos xurídicos da Administración autonómica.
Fonte: Xunta de Galicia
Colectivos educativos publican un manifesto contra a enquisa sobre o uso do galego no ensino
Unha ducia de entidades vencelladas ao mundo do ensino publicaron un manifesto cuestionando a lexitimidade da enquisa sobre o emprego do galego nas aulas promovida pola Xunta.
Fonte: Culturagalega.org
Apróbase un convenio entre Educación e a Universidade de Santiago para realizar actuacións de investigación lingüística
O Consello da Xunta aproba o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para continuar este ano cun programa de actuacións en materia de investigación lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Os sindicatos mobilizaranse contra a reforma do uso do galego nas oposicións
Os sindicatos CIG, UXT e CC OO mobilizaranse ante o Parlamento de Galicia o próximo 23 de xuño para esixir que non se modifique o artigo 35 da Lei da función pública e que se manteña a obrigatoriedade de realizar unha ou máis probas das oposicións en galego.
Fonte: Galicia Hoxe
O cuestionario sobre as preferencias lingüísticas no ensino comeza a repartirse entre as familias
Os formularios para a consulta sobre a lingua no ensino xa están dispoñibles na práctica totalidade dos centros de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da comunidade. A repartición concluirá o luns 15 de xuño despois de que nos dous primeiros días os impresos chegasen a máis do 90 % dos 1490 centros que forman parte deste proceso.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo aposta por unha política lingüística "baseada na promoción activa do galego" nunha homenaxe a Aquilino Iglesia
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na celebración en Abadín do centenario do nacemento de Aquilino Iglesia Alvariño. Na súa intervención, Anxo Lorenzo encomiou o traballo realizado polo finado escritor lucense en prol do idioma e a cultura de Galicia. Ademais, o secretario xeral apostou por unha política lingüística que, “sendo diferente das anteriores, estea baseada na promoción activa e multidimensional do galego”.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín