Galicia

A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago libera dúas ferramentas que contribúen a traducir software ao galego

A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela acaba de liberar dous complementos para o aplicativo Fantasdic que posibilitan o acceso directo aos servizos en liña do Corpus de Mancomún e de Open-Tran.eu.

Fonte: Código Cero

O Foro de Curas Galegos presenta o seu manifesto pola lingua galega

Os curas queren apoiar o Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego, que representa que "o pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia orixinaria sexa oficial para todos os efectos no seu ámbito territorial, e que os usuarios do galego deben gozar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu".

Fonte: A Nosa Terra

O secretario de Política Lingüística reúnese por primeira vez cos responsables da política lingüística das universidades galegas

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recibiu os responsables da política lingüística das universidades galegas. Na reunión tratáronse os principais proxectos que se están a desenvolver nos servizos de normalización universitarios de Santiago, A Coruña e Vigo.

Fonte: Xunta de Galicia

Un curso de verán sobre dinamización lingüística afondará no compromiso co galego e na promoción deste idioma

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no concello coruñés de Carballo na inauguración do V Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística ‘Traballando en Lingua’, no que se analizarán o compromiso e os argumentos para a defensa e promoción do galego.

Fonte: Xunta de Galicia

As clases en lingua galega non chegan a un terzo do total nas universidades de Galicia

O galego non goza de boa saúde no ensino superior. As tres universidades galegas recoñéceno como lingua propia e comprométense a potencialo, pero os poucos datos dispoñibles presentan un panorama pouco alentador.

Fonte: Xornal

O secretario xeral de Política Lingüística gaba a calidade e a diversidade dos estudos galegos no momento actual

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na clausura do IX Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que se desenvolveu desde o 13 ao 17 de xullo nas cidades de Santiago, Vigo e A Coruña. Durante o acto, que tivo lugar no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña, Anxo Lorenzo gabou a calidade e diversidade dos estudos galegos no momento actual.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística e a Universidade de Santiago ofrecen dous cursos de formación de profesorado de galego e avaliadores Celga

Nos próximos días darán comezo dous cursos de formación de profesorado de lingua galega e mais de avaliadores Celga (Certificado de lingua galega), organizados conxuntamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

A Asociación de Escritores en Lingua Galega reivindicará unha maior presenza do galego nun comunicado

A Asociación de Escritores en Lingua Galega acaba de elaborar un comunicado “ante a creba do proceso de restitución” do idioma “impulsada polo actual goberno galego”. Será lido o 24 de xullo diante da estatua de Rosalía de Castro na Alameda de Santiago de Compostela.

Fonte: A Nosa Terra

O secretario de Política Lingüística realiza a súa primeira visita ao concello de Celanova e á Fundación Curros Enríquez

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, realizou a súa primeira visita institucional ao concello de Celanova e á Fundación Curros Enríquez. Lorenzo comentou co alcalde, Antonio Mouriño, e co técnico de Cultura, Antonio Piñeiro, a posibilidade de establecer unha colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Celanova a partir de iniciativas que incidan na promoción do uso da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

O Valedor do Pobo suxírelle á Consellería de Sanidade que a información sobre saúde se dea en galego e castelán

O valedor do pobo, Benigno López, envioulle unha «suxestión» á Consellería de Sanidade, na que insta a «estudar a conveniencia de realizar todas as campañas informativas que a Administración sanitaria desenvolve coa finalidade de dar información aos particulares, e para chegar a un máximo de destinatarios, en ambas as linguas oficiais da comunidade autónoma galega».

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder