Galicia

Apróbase a eliminación do exame obrigatorio en galego nas oposicións

A reforma da Lei da función pública pola que se suprime o exame obrigatorio en galego das oposicións quedou aprobada cos votos do PPdeG, mentres que os grupos que conforman a oposición -PSdeG e BNG- mostraron o seu rexeitamento porque entenden que supón un "atentado" contra a lingua galega.

Fonte: Europa Press

O filólogo Heitor Mera defende a primeira tese de doutoramento en galego na UNED

Tras varios anos de loita, o pasado 12 de xuño, o filólogo Heitor Mera conseguiu defender en galego a súa tese de doutoramento na Universidade Nacional a Distancia (UNED). Así, “Vida e obra de Bernardino Graña” converteuse na primeira tese defendida na UNED nunha lingua cooficial.

Fonte: Lingua de Amor

A CIG presenta ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un recurso contra o decreto de educación infantil

A CIG-Ensino presenta un recurso contencioso-administrativo contra o decreto de educación infantil por 'incumprir' a normativa sobre o uso do galego no ensino.

Fonte: A Nosa Terra

Educación ve legal que os alumnos de 0 a 6 anos se eduquen na súa lingua materna e progresivamente no outro idioma de Galicia

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, defendeu a "legalidade" de que os alumnos de 0 a 6 anos de idade sexan educados na súa lingua materna e que, "progresivamente", sexan "introducidos" no outro idioma oficial en Galicia ata obter a suficiencia lingüística en ambos os idiomas.

Fonte: Europa Press

O secretario xeral de Política Lingüística loa o labor constante a prol do galego dos premiados cos "Lois Peña Novo"

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no acto de entrega dos XV Premios Lois Peña Novo, que este ano lles foron concedidos ao Concello da Estrada, á empresa Estaleiro H. J. Barreras e ao médico Emilio González Fernández polo seu traballo diario a prol da difusión da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Educación comprométese a que a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización participe na elaboración do novo decreto

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística asegurou que o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, se comprometeu a que a organización participe na elaboración do novo decreto que regule a presenza das linguas no ensino.

Fonte: Europa Press

O secretario de Política Lingüística anima os máis pequenos a divertirse nas sesións de música e contos do programa Bocaberta

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou nunha sesión de contos e música para nenos que tivo lugar no CEIP López Ferreiro, en Santiago de Compostela. A actividade forma parte da campaña Palabras no ar, unha iniciativa da Editorial Kalandra inserida no programa Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

O BNG pide a intervención da Xunta de Galicia para evitar que o Instituto Cervantes use topónimos castelanizados

O deputado do BNG no Parlamento galego, Bieito Lobeira, presentou unha iniciativa parlamentaria na que demanda á Xunta de Galicia que interveña para evitar que o Instituto Cervantes utilice na súa páxina web topónimos que incumpren a legalidade lingüística, como son "Mellid", "El Cebrero" ou "Palas de Rey".

Fonte: EcoDiario

A Mesa denuncia dous casos de discriminación lingüística no Sergas

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou dous supostos casos de discriminación lingüística rexistrados no Hospital Arquitecto Marcide e no Naval de Ferrol que sucederon o pasado mes de maio.

Fonte: Galicia Hoxe

Política Lingüística fomenta a proxección da lingua galega no exterior mediante a convocatoria de oito prazas de lectorados

A Secretaría Xeral de Política Lingüística aprobou a convocatoria ordinaria para cubrir oito prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades españolas e estranxeiras. A Habana (Cuba), Birmingham e Oxford (ambos no Reino Unido), Cork (Irlanda), Salvador de Baía (Brasil), París (Francia), Trier (Alemaña) e País Vasco (España) son os destinos destes lectorados.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder