Galicia

Os exames do Celga reúnen 1.620 persoas en Galicia e fóra

Un total de 1.620 persoas examináronse para obter o Certificado de Lingua (Celga) nos niveis 3 e 1, en 19 cidades "dentro e fóra" de Galicia.

Fonte: Galicia Hoxe

Crean un glosario galego de localización de software

Mancomún desenvolveu o separador silábico para o galego Hyphenation-gl, o glosario galego de localización de software e o script Tmx2po, que permite converter memorias de tradución en formato .tmx ao formato .po.

Fonte: Sociedade da Información

A Xunta consultaralles aos pais antes de quince días sobre o uso do galego no ensino

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou que antes de quince días se fará unha consulta a todos os pais e nais de alumnos na que se lles formularán varias cuestións e se lles pedirá opinión «sobre o bilingüismo» e sobre «o peso» que ambos os idiomas, o galego e o castelán, deben ter na educación en Galicia.

Fonte: La Voz de Galicia

Os concellos de Vigo e A Coruña convocan axudas para a promoción do galego

Os concellos de Vigo e A Coruña convocan subvencións para organizacións sen ánimo de lucro que teñen por obxecto fomentar a realización de actividades dirixidas á normalización do galego.

Feijóo estuda que o portugués sexa unha materia opcional en Galicia

Feijóo manifestou que a Xunta estudará esa posibilidade, despois de que o embaixador en España de Portugal, Álvaro de Mendonça e Moura, lle trasladase nunha reunión en Santiago de Compostela que o Executivo luso ten «moito interese» en que Galicia participe dunha estratexia para introducir o portugués en España.

Fonte: La Voz de Galicia

Anxo Lorenzo reúnese cos servizos lingüísticos das tres universidades galegas para iniciar novos proxectos de colaboración

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, realizou a primeira toma de contacto desde o seu nomeamento cos responsables dos servizos de normalización lingüística das universidades. Lorenzo transmitiulles a intención da Secretaría Xeral de Política Lingüística de manter as colaboracións e iniciativas en común que as entidades teñen en marcha, así como o seu desexo de comezar a planificar novos proxectos de cara ao vindeiro ano 2010.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa está no mercado a última entrega de ‘Doraemon’ en lingua galega

Doraemon. Odisea no espazo, o novo título en galego desta exitosa serie de debuxos animados, xa está dispoñible en DVD nas principais cadeas comerciais de Galicia e do resto do Estado.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia reduce o uso do galego na aula no novo decreto de educación infantil

O Consello da Xunta aprobou o decreto que regula o currículo na etapa de infantil e a principal novidade refírese ao emprego do galego.
No que se refire ao tratamento das linguas oficiais, o texto, que non foi facilitado por escrito, limitaríase a obrigar a Administración educativa a que adopte as medidas oportunas para a configuración progresiva dun sistema educativo bilingüe.

Fonte: La Voz de Galicia

O conselleiro de Educación presenta as enquisas sobre a utilización das linguas no ensino non universitario

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo público o cuestionario, que se lles remitirá ás familias dos 330.000 alumnos galegos, sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A familia e a mocidade centran as axudas que Política Lingüística destina a fomentar o uso do galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de resolver a convocatoria de subvencións a entidades privadas sen fin de lucro para incrementar os usos da lingua galega. Esta liña de axudas ten como obxectivo prioritario fomentar os usos do galego nas áreas de transmisión familiar e da mocidade que desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder