Galicia
O Concello de Pontevedra presenta o seu programa de actividades denominado "Maio, mes da lingua"
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presentou o programa de actividades que, baixo a denominación de "Maio, mes da lingua", van levar a cabo durante o presente mes na cidade do Lérez.
Fonte: CTNL
O emprego do galego nas oposicións non sufrirá cambios este ano
O secretario xeral da Consellería de Educación, José Luis Vázquez, confirmou que na convocatoria deste ano o uso do galego nas probas non sufrirá cambios e se manterá como na última.
Fonte: Xornal.com
Un 51,4% da sociedade galega asegura que utiliza de xeito frecuente o galego fronte ao 29% que usa só o castelán
Lugo e Ourense son, por esta orde, as provincias que rexistran un uso máis frecuente do galego fronte ao castelán, cunhas porcentaxes do 65,2 e 64,5%, respectivamnte. Estas cifras revelan que a utilización do galego nesas dúas provincias orientais é superior en quince puntos ás rexistradas nas provincias atlánticas da Coruña e Pontevedra.
Fonte: Galicia Hoxe
Traballadores da Capitanía Marítima de Burela denuncian acoso laboral por usar o galego
Tres funcionarios da Capitanía Marítima de Burela denunciaron o acoso laboral ao que din verse sometidos nos seus postos de traballo pola súa defensa do uso do galego neste organismo.
Fonte: El Progreso
Máis de 5.400 usuarios de Tuenti e Facebook apoian a manifestación a prol do galego convocada pola Mesa
Máis de 4.000 usuarios de Tuenti e un total de 1.400 de Facebook apoiaron a través destas redes sociais de internet a manifestación "en defensa do galego" convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística que se celebrará o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela.
Fonte: Europa Press
Galiza Nova fai unha campaña en defensa da lingua galega con actos en institutos
A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, inicia esta semana, nos días previos á celebración do Día das Letras Galegas, unha campaña en defensa do galego que se desenvolverá en institutos da comarca de Vigo.
Fonte: Europa Press
A Xunta considera "política" a polémica do galego e defenderá os artistas sen importar a súa lingua
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, negou unha "controversia" lingüística entre galego e castelán que afecte á cultura de Galicia xa que, na súa opinión, é de "características políticas", pero aclarou que "non hai que excluír os creadores galegos que se expresan noutra lingua".
Fonte: Europa Press
A Real Academia Galega critica as medidas lingüísticas da Xunta
A Real Academia Galega presentou na Coruña un manifesto do seu plenario sobre o idioma, no que mostra a súa preocupación porque «as primeiras decisións lingüísticas anunciadas pola Xunta sexan todas desprotectoras da lingua galega».
Fonte: La Voz de Galicia
Feijóo estudará oficializar o topónimo 'La Coruña' se o propón "a maioría" do pleno municipal
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a Xunta estudará a posible oficialización do topónimo 'La Coruña' se a "maioría" dos grupos que conforman o pleno do Concello coruñés "se poñen de acordo" e elevan unha petición "consensuada" á Administración autonómica.
Fonte: Europa Press
Anxo Lorenzo avoga por atopar acordos de fondo que permitan recuperar o consenso sobre a lingua
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo Suárez, avogou por atopar “acordos de fondo” en materia de lingua que permitan recuperar o consenso sobre o idioma, adoptando os principios de convivencia, liberdade e de non discriminación.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín